Imaxe de Arquivo | O Esteo F.S.
Os ponteses tentaran facerse con tres novos puntos para manterse nos postos altos da clasificación
O Esteo F.S. afronta este sábado, a partir das seis e media da tarde no Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga, o seu derradeiro compromiso do ano como local. O conxunto pontés recibe ao Caja Rural River Sala Zamora nun encontro correspondente á décimo cuarta xornada de liga, penúltima da primeira volta do campionato. Un duelo chave para pechar o 2025 na casa con boas sensacións e ante unha afección que volverá encher as bancadas.
O equipo dirixido por Iván López chega coa intención darlle continuidade á goleada que acadou a pasada xornada, na súa visita a Alba de Tormes, facendose fortes na súa pista e continuar coa dinámica positiva das últimas semanas nun tramo de competición que continúa a evidenciar a enorme igualdade do grupo 1 da Segunda División B. O apoio do público será, unha vez máis, un factor determinante para tentar sumar tres novos puntos que permitan ao cadro pontés seguir pelexando nos postos altos da clasificación.
En fronte estará un Caja Rural River Sala Zamora que se presenta en As Pontes como un rival sempre competitivo, con xogadores experimentados e un estilo de xogo dinámico. O conxunto zamorano chega coa ambición de puntuar fóra da casa, polo que se agarda un choque esixente, intenso e con moito ritmo do principio ao final.
Os ponteses procurarán impoñer o seu carácter dende un principio, a súa solidez defensiva e a eficacia nos metros finais para despedir o ano diante da súa afección cun triunfo que reforce o obxectivo de continuar nas posicións alta da táboa.
Ao igual que en encontros anteriores, o técnico dos de As Pontes, Iván López, comentaba sobre o encontro de maña que “ recibimos a un equipo que ven menos de mais, ainda que a pasada xornada tivo un traspés có Coruxo, foi quen de gañar ao Salamanca, Lugo Sala, Deporcyl Guardo e ao Stellae Leis catro equipos aos que nos non fumos capaces de gañar” Continuaba decindo que ”vai ser un encontro moi compricado ante un rival moi ben traballado que incorporou varios xogadores de filiais de Primeira División como o Cartaxena ou El Pozo Murcia polo que seguro que nos vai poñer as cousas moi compricadas, temos que mentalizarnos de que vai ser un encontro duro e intentar dar o máximo de nos”. Tamen sinalaba que “logo de pasar un pequeno bache, a vitoria da pasada xornada, nunha das pistas mais compricadas do campeonato, fai que cheguemos de novo nun bo momento, recuperando xogadores lesionados e a incorporación dun novo fichaxe fai que agora voltemos a ser nos mesmos”. Por último expresaba que “xogamos na casa e non podemos fallar, quedan dúas xornada para o remate da primeira volta polo que sería ideal conseguir os tres puntos para continuar nos postos altos da táboa”.
Dende o clube fan un chamamento a afección pontesa para que acuda ao pavillón municipal a presenzar e animar aos seus nun encontro que coma tódolos anteriores promete fortes emocións. As entradas ademáis de collelas no propio pavillón maña poderanse adquirir anticipadamente na plataforma CLUBER, (ver redes sociais do clube).
➡️ Socios: Gratis
➡️ Non socios maiores de 18 anos: 7 Euros
➡️ Non socios entre 14 e 18 anos: 3 Euros
➡️ Menores de 14 anos: Gratis
➡️ Pais,nais e nenos da escola do club: Gratis
CATEGORÍAS BASE
Nova fin de semana de encontros para as categorías de base onde remata a competición nas copas da Primeira Futgal e tanto equipo Filial como os equipos Alevín e Infantil da preferente disputaran a penúltima xornada do ano. Tódolos encontros disputaranse a domicilio na xornada do Domingo agás o do Filial que se disputará o sábado case a mesma hora que o do equipo senior da Segunda División B.
A continuación expoñense os horarios e lugares onde se disputan os encontros.
Sábado día 13
- Pavillón Municipal A Casqueira (Pontedeume)
Xornada 11 Primeira Futgal Senior
Ás 18:45 h. F.S. Pontedeume – O Esteo F.S. “B”
Domingo día 14
- Pavillón Municipal de A Malata (Ferrol)
Xornada 9 Copa da Primeira Futgal Ferrol Cadete
Ás 10:00 h. A.D.C.R. SANTA MARIÑA | NEXO – O ESTEO F.S.
Xornada 7 Copa da Primeira Futgal Alevín
Ás 11:00 h. GADESPORT O PARRULO F.S. “B” – O ESTEO F.S. “B”
- Pavillón Municipal José González (O Chanto-Sarria)
Xornada 13 Preferente Futgal Infantil
Ás 12:00 h. OS MEIGALLOS F.S. – O ESTEO F.S.
- Pavillón Casa do Deporte (Lugo)
As 12:30 h. ACD A PIRINGALLA | HUNO PELUQUEROS – O ESTEO F.S. “A”
- Pavillón Campo da Serra (Narón)
Xornada 7 Copa da Primeira Futgal Benxamín
Ás 17:00 h. NARÓN FUTSAL – O ESTEO F.S.
Artigos relacionados
PATROCINADORES













