Imaxe do encontro ante o Lugo Sala | Xose Ferreiro

Os ponteses buscaran a vitoria para manter vivas as opcións de disputar o playof de ascenso

O Pavillón Polideportivo Municipal da Fraga (As Pontes), acollerá este sábado ás cinco da tarde un encontro determinante da vixésimo sétima xornada na Segunda División B, no que o O Esteo F.S. recibirá ao Piensos Durán Albense F.S. coa intención de sumar tres puntos clave na recta final do campionato.

O conxunto pontés afronta este duelo sendo consciente da súa importancia, nun tramo de competición onde cada partido pode marcar o devir da tempada. Seguir amosandose fortes na casa será fundamental para un conxunto pontés que buscará impoñer o seu ritmo desde o inicio e minimizar erros ante un rival que destaca pola súa competitividade.

Pola súa banda, o C.D. Albense F.S. chegará á As Pontes coa intención de volver a sumar despois de dúas derrotas consecutivas e compricar as aspiracións locais, nun choque que se prevé igualado e de alta intensidade como os disputados en tempadas anteriores caracterizados polo alto número de goles realizados por ambos conxuntos.

Na previa do encontro, o adestrador de O Esteo F.S., Iván López, destacou a relevancia do partido: “Somos conscientes de que estamos ante un partido moi importante. A estas alturas da tempada non hai marxe de erro e necesitamos seguir dando a nosa mellor versión logo da vitoria colleitada o pasado sábado na casa do líder que tanta falta nos facía tanto a nivel de puntos como anímicamente”. Continuaba expresando “Quedannos tres finais e mentras as matemáticas non digan o contrario vamos tentar voltar ás prazas que nos permitirían disputar playof de ascenso”.

Ademais, o técnico incidiu na dificultade do rival: “O Albense é un equipo moi compricado e consagrado na categoría que pese a facer moitos cambios tanto no plantel como no corpo técnico está moi traballado, sempre pelexa e compite moi ben o que nos vai esixir estar concentrados os corenta minutos. Se queremos conseguir os tres puntos, teremos que intentar facer o noso partido, leelo ben e competi-lo ao máximo para evitar que se nos escape a vitoria”.

Por último, quixo facer un chamamento á afección: “Na casa sentímonos máis fortes e o apoio da nosa xente é fundamental. Agardamos un pavillón animando desde o primeiro minuto porque xuntos somos máis fortes”.

Agárdase un gran ambiente no Pavillón Pontés de A Fraga para un encontro que pode resultar decisivo nas aspiracións de O Esteo F.S. neste tramo final da tempada.

No encontro da primeira volta disputado na localidade salmantina de Alba de Tormes os ponteses lograban unha contundente vitoria por catro goles a nove forxada nunha segunda metade na que non deron opción ao rival.

Dende o clube súmanse ao chamamento do adestrador e pidenlle a afición que se acerque ao pavillón pontés a presenciar e animar aos seus neste importante encontro sabendo que o prezo das entradas será o de sempre e poderanse adquirir anticipadamente a través da plataforma CLUBER (ligazón nas distintas publicacións do encontro nas redes sociais do club):

➡️ Socios: Gratis
➡️ Non socios maiores de 18 anos: 7 Euros
➡️ Non socios entre 14 e 18 anos: 3 Euros
➡️ Menores de 14 anos: Gratis
➡️ Pais,nais e nenos da escola do club: Gratis

CATEGORÍAS BASE

Nova fin de semana chea de encontros para as categorías de base que encaran a recta final das súas respectivas competicións. Acontinuación expoñense os lugares e horarios de xogo.

– Sábado día 18

  • Pavillón Municipal de As Lagoas (Narón)

3ª Xornada Copa Galicia Preferente Futgal

Ás 16:00 h.  S.D.C. e R. NARÓN O FREIXO “A” – O ESTEO F.S. INFANTIL

  • Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga (As Pontes)

12ª Xornada da Primeira Futgal

Ás 18:45 h.  O ESTEO F.S.  ALEVÍN “B” – FUTBOL SALA PONTEDEUME

  • Pavillón Municipal Manuel Coto Ferriro (A Estrada-Pontevedra)

25ª Xornada da Primeira Futgal

Ás 19:00 h.   A ESTRADA FUTSAL-INVERSIA SEGUROS – O ESTEO F.S. “B”

– Domingo día 19

  • Pavillón Municipal de A Xunqueira (Fene)

3ª Xornada Copa Galicia Preferente Futgal

Ás 11:00 h.  CMI UNIDADE DE FENE | RESTAURANTE LUÍS – O ESTEO F.S. ALEVÍN “A”

  • Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga (As Pontes)

9ª Xornada da Primeira Futgal

Ás 16:50 h.  O ESTEO F.S.  BENXAMÍN – C.M.I. UNIDADE DE FENE F.S. | BOMBAY

14ª Xornada da Primeira Futgal

Ás 17:50 h.  O ESTEO F.S. CADETE – NARÓN FUTSAL

 

Artigos relacionados

PATROCINADORES