Imaxe do encontro ante a S.D. Xove F.S. | Xose Ferreiro
Os de As Pontes tratarán de sumar os tres puntos diante da súa afección.
O Esteo F.S. afrontará mañá sábado, un novo encontro correspondente á terceira xornada de liga da presente tempada, recibindo a visita do conxunto asturiano do Racing de Mieres F.S., que voltou á categoría de bronce logo de disputar a terceira división a tempada pasada. O encontro disputarase a partir das seis da tarde no Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga, en As Pontes.
O cadro pontés regresa ao seu feudo, tras colleitar tres derrotas consecutivas (na Copa de España, Liga e Copa Galicia), coa intención de ofrecer unha boa imaxe e continuar medrando no seu xogo neste inicio de competición. Diante terá un rival que chega á As Pontes coa ilusión e a motivación propias dun equipo recen ascendido, polo que se agarda un encontro esixente, no que a intensidade, a concentración e a eficacia nas áreas poden resultar determinantes.
O Racing de Mieres buscará darlle continuidade á vitoria que colleitada a pasada xornada diante dos siareiros aproveitando as súas virtudes para poñerlle as cousas difíciles aos ponteses que deberán amosar a súa personalidade, manter o ritmo de xogo e tratar de levar a iniciativa, apoiándose tamén no empuxe da súa afección.
Logo do derradeiro adestramento da semana, o adestrador de O Esteo, Iván López, destaca a importancia de seguir mellorando e consolidando o traballo realizado durante os adestramentos, especialmente neste inicio de tempada.
“Afrontamos o partido con moita ilusión e coa intención de seguir medrando como equipo. O Racing de Mieres é un recen ascendido, pero sabemos que será un rival compricado, que chegará con moitas ganas de competir e demostrar o seu nivel. Teremos que facernos fortes, estar moi concentrados, ser intensos, minimizar os erros e levar o encontro a onde nos queremos para que os tres puntos queden na casa”.
O técnico tamén destaca a importancia de aproveitar o factor cancha e contar co apoio dos seareiros ponteses “Xogar na casa sempre é especial e o apoio da nosa xente é moi importante para nós. Queremos ofrecerlles un bo partido, con traballo, compromiso e intensidade durante os corenta minutos. Agardamos que a afección se achegue ao pavillón e nos axude a conseguir unha nova vitoria”.
Os encontros desta categoría adoitan decidirse por pequenos detalles, polo que os ponteses deberán manter a concentración durante todo o encontro, evitando erros que poidan ser aproveitados polo rival.
CATEGORÍAS BASE
Tamen as categorías de base que disputan a Preferente Futgal xogaran os seus correspondentes encontros da cuarta xornada o domingo á tarde tamen no Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga (As Pontes).
Domingo día 4
4ª Xornada Liga Preferente Futgal
- Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga (As Pontes)
Ás 16:30 h. Prink – O Esteo F.S. – ADC A Piringalla – Huno Peluqueros
Ás 17:45 h. Bar Jardín – O Esteo F.S – Os Meigallos F.S.
Ás 19:00 h. Pinturas CLX – O Esteo F.S. – Os Meigallos F.S.
Artigos relacionados
PATROCINADORES













