Jandro nun lance de xogo do encontro da pasada tempada ante o Sala Ourense| Arquivo O Esteo F.S.

Cidade de Narón e O Esteo F.S. volvense ver as caras nunha competición tres tempadas despois

Maña, Sábado ás oito do serán no Pavillón Municipal de A Gándara (Narón),  naroneses e Ponteses disputaran o clásico dos derbis comarcais na XXXIII edición da Copa Galicia de Futbol Sala coa intención de buscar unha vitoria que lles permita pasar de rolda na competición autonómica.

O Cidade de Narón que ven de derrotar no encontro de primeira rolda ao Sport Sala Culleredo por un axustado 3-2, tentará buscar unha nova vitoria ante un conxunto de categoría superior como é conxunto pontés e ademáis diante da súa afección.

Pola contra os ponteses chegan a este encontro previo ao comezo da competición ligueira tras realizar unha pretempada moi exitente en canto a adestramentos e a encontros disputados tamen buscaran a vitoria no derbi.

Os naroneses, que manteñen a maioria de xogadores da pasada tempada, xogadores con ampla experiencia no mundo do futbol sala, xunto as incorporacións que realizaron ao seu plantel fan que sexa un adversario a ter enconta mais alá da motivación que lles supón disputar este tipo de encontros.

Os homes que dirixe Ivan López saben terán que realizar un encontro moi serio dende o minuto un, tanto a nivel defensivo, minimizando ao máximo os erros, como a nivel ofensivo onde deberán aproveitar e finalizar tódalas xogadas.

Os xgadores de ambos equipos saben da revalidade deportiva que supón xogar un derbi, onde se igualan as forzas e a diferenza de categoría queda nun segundo plano polo que se espera un encontro moi disputado entre ámbolos dous conxuntos.

Por último o adestrador pontés, manifestaba que ”estamos ante o primeiro encontro oficial onde teremos que facer valer o adestrado durante a pretempada, tratando de impoñer o noso ritmo xogo, con moita circulación de balón para non sufrir e tentar sacar a eliminatoria adiante, para comezar a vindeira fin de semana a liga con boas sensacións

 

 

Artigos relacionados

PATROCINADORES