Nesta edición renderase homenaxe a Xoel Pena Vigo
As Pontes volverá converterse nun punto de referencia para o Fútbol Sala comarcal coa celebración do tradicional maratón que terá lugar os días 26, 27 e 28 de xuño, preámbulo das Festas do Carme 2026. O evento, organizado baixo o paraugas de O Esteo F.S. en colaboración có Concello de As Pontes e a Deputación da Coruña, promete reunir a numerosos equipos e afeccionados nunha fin de semana de gran ambiente deportivo, festivo e emotivo.
A competición contará con tres categorías: masculina, feminina e veteráns e a organización establece unhas cotas de inscrición de 120 Euros para equipos masculinos, 75 Euros para femininos e 50 Euros para veteráns, ademais dun seguro obrigatorio de 5 euros por xogador/a.
Un dos grandes atractivos do maratón serán os premios, que ascenden a cantidades destacadas. Na categoría masculina, o equipo campión levará 1.500 Euros, mentres que no cadro feminino o primeiro premio será de 600 Euros e no de veteráns de 300 Euros. Tamén haberá recompensa para os equipos clasificados na segunda, terceira e cuarta posición fomentando asi a competitividade ao longo de toda a competición. Ademais os catro primeiros clasificados de cada categoría, o mellor porteiro e o mellor xogador levaran cada un o seu trofeo.
A inscrición deberá formalizarse como data límite o vindeiro Luns día 22, e o sorteo dos grupos terá lugar o mércores 24 de xuño ás 20:30 horas na Sala de Xuntas do Pavillón Polideportivo Municipal pontés.
Como complemento á experiencia, habilitarase unha zona de acampada para os participantes e visitantes, favorecendo e reforzando o ambiente festivo e de convivencia durante toda a fin de semana.
A organización do evento non dubidou en ningún momento en sumarse á homenaxe a Xoel Pena Vigo, unha iniciativa proposta polos seus amigos e compañeiros.
As Pontes converteráse un ano mais, da man de O Esteo F.S., no centro neuralxico do Futbol Sala comarcal agardando unha gran participación e un ambiente cheo de emoción durante a derrareira fin de semana de Xuño.
Artigos relacionados
PATROCINADORES













