Imaxe do encontro da pasada xornada ante o Piensos Durán Albense F.S.
Os de As Pontes buscaran a vitoria para manter vivas tamen as aspiracións de disputar o playoff de ascenso
Os Ponteses xóganse boa parte das súas aspiracións na visita deste sábado ás seis e media da tarde ao Pavillón Municipal Manuel Camba, onde se enfrontaran ao Caja Rural River Sala Zamora na vixésimo novena xornada e penúltima da tempada na Segunda División B.
O conxunto pontés chega a esta cita nun momento decisivo do campionato, situado a catro puntos dos postos de playoff de ascenso e a tan só un de clasificarse para disputar a Copa de España a vindeira tempada. Con unicamente dúas xornadas por disputarse, cada punto cobra un valor vital para un equipo que quere manter vivo o soño de disputar o playoff de ascenso a Segunda División.
En fronte estará un Caja Rural River Sala Zamora que tan só se xoga quedar o mais arriba posible na clasificación. Os zamoranos actuando como locais, adoitan amosarse sólidos e competitivos, polo que se agarda un encontro intenso.
Os ponteses, conscientes de que non pode fallar se queren chegar con opcións reais á última xornada, deberán ofrecer a súa mellor versión especialmente en defensa e na xestión dos momentos chave do partido, aspectos que poden marcar a diferenza nun duelo moi igualado.
O adestrador dos de As Pontes, Iván López, destacou na previa a importancia do encontro “Sabemos que é un partido chave. Estamos a catro puntos do playoff e dependemos de nós para chegar con opcións á última xornada. O equipo está mentalizado e con moitas gañas de competir”.
Ademais, subliñou a dificultade do rival “O River Sala Zamora na súa pista é un equipo moi forte, intenso e que non permite erros. Teremos que estar moi concentrados durante os corenta minutos e ser valentes”.
Por último, quixo poñer en valor o traballo do grupo neste treito final “O equipo traballou moito durante toda a tempada para estar nesta situación. Agora toca dar un paso máis e demostrar que queremos estar aí arriba”.
Con todo por decidir e coa marxe de erro practicamente inexistente, os de As Pontes afrontan unha auténtica final en Zamora coa ilusión intacta e o obxectivo claro de seguir soñando có playoff de ascenso.
No encontro da primeira volta diputado no Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga os ponteses farianse coa vitoria por 4 goles a 2 nun choque moi igualado.
CATEGORÍAS BASE
Con algunhas competicións rematadas e outras dando os derradeiros coletazos catro son as categorías de O Esteo que disputaran os respectivos encontros na fin de semana.
Sabado día 25
- Pavillón Municipal As Lagoas (Narón)
10ª Xornada Liga Primeira Futgal
Ás 18:30 h. S.D.R. e C. NARÓN O FREIXO “A” – O ESTEO F.S.
Domingo día 26
- Pavillón de Castro (Narón)
13ª Xornada Liga Primeira Futgal
Ás 11:00 h. NARÓN FUTSAL – O ESTEO F.S. “B”
- Pavillón do Ensanche (Ferrol)
15ª Xornada Liga Primeira Futgal
Ás 11:00 h. CARANZA FUTBOL SALA | BARBERÍA LOS FORAJIDOS – O ESTEO F.S.
- Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga (As Pontes)
26ª Xornada Liga Primeira Futgal
Ás 19:00 h. O ESTEO F.S. “B” – F.S. PONTEDEUME
Artigos relacionados
PATROCINADORES













