Imaxe de arquivo | O Esteo F.S.
Os ponteses afrontan maña sábado unha esixente saída á pista do Deporcyl Guardo F.S., nun encontro no que os ponteses buscarán sumar tres novos puntos e continuar coa súa boa dinámica de resultados.
O Esteo F.S. viaxará maña sábado, 28 de novembro, ata terras palentinas para medirse ao Deporcyl Guardo F.S., nun encontro correspondente á undécima xornada de liga do Grupo 1 da Segunda División B, que dará comezo ás 18:00 horas no Pavillón Municipal de Guardo.
O conxunto pontés afronta unha nova cita ligueira consciente da dificultade que entraña visitar unha das pistas máis esixentes da categoría, ante un rival que esta a ter un inicio de tempada irregular pero ainda non coñece a derrota como local e que buscará seguir facendose forte diante da súa afección.
Os de As Pontes deberán ofrecer a súa mellor versión dende o primeiro minuto, mantendo a concentración, intensidade e solidez defensiva, ademais de aproveitar as oportunidades que poidan xerar no apartado ofensivo. Nun encontro que previsiblemente estará marcado pola igualdade e a esixencia competitiva, minimizar os erros e saber xestionar os diferentes momentos do partido pode resultar determinante.
O Deporcyl Guardo F.S. conta cun bloque de xogadores que mantén boa parte da estrutura da pasada campaña, reforzado con novas incorporacións, polo que os ponteses terán que afrontarse un rival moi competitivo, con argumentos suficientes para poñerlles as cousas difíciles.
O Esteo buscará, por tanto, regresar de Guardo cun resultado positivo que lle permita seguir mantendo as distancias cós seus perseguidores na clasificación e continuar loitando por manterse no mais alto da clasificación. Para iso será fundamental o compromiso colectivo, a intensidade durante os corenta minutos e a capacidade de competir cada balón como se fose o último.
Tra-lo derradeiro adestramento da semana o adestrador dos ponteses, Iván López comentaba que “Sabemos que nos agarda unha das viaxe mais longas do campionato para disputar un encontro moi compricado nunha pista onde o Guardo sempre é un rival moi dificil de batir, especialmente diante da súa afección. É un equipo que conta cun bo bloque de xogadores e que nos vai esixir moito durante todo o encontro”.
Continuaba expresando “Nós temos que centrarnos no noso traballo, competir con intensidade dende o primeiro minuto, estar concentrados e evitar cometer erros que nos poidan penalizar. Se somos capaces de manter o noso nivel, ser solidarios e aproveitar as ocasións que teñamos, estou convencido de que podemos traer algo positivo de Guardo”.
Remataba sinalando que “Estamos traballando ben e afrontamos este partido con ilusión e gañas de seguir demostrando que se estamos aí será por algo. Sabemos que cada xornada é importante, pero temos que ir paso a paso, pensando únicamente no sábado e en dar o máximo de cada un de nos para conseguir os tres puntos”.
CATEGORÍAS BASE
Esta fin de semana tódolos equipos de base disputaran os seus encontros como locais no Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga. Unha nova oportunidade para disfrutar do futsal e apoiar aos equipos. A continuación os horarios dos encontros.
Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga (As Pontes)
- Sábado 28 de Novembro
6ª XORNADA DA COPA DA PRIMERA FUTGAL F.S.
Ás 16:00 h. O ESTEO F.S. BENXAMÍN – C.D. A SOLAINA “B”
12ª XORNADA PREFERENTE FUTGAL
Categoría Alevín
ÁS 17:15 h. PRINK – O ESTEO F.S. – O PARRULO F.S. DELIPOLLOS
6ª XORNADA DA COPA DA PRIMEIRA FUTGAL F.S.
Ás 18:30 h. O ESTEO F.S. ALEVÍN – C.M.I. UNIDADE DE FENE F.S. | CAFETERÍA PACHAMMA “C”
- Domingo 29 de Novembro
12ª XORNADA PREFERENTE FUTGAL
Categoría Infantil
Ás 10:30 h. BAR JARDÍN – O ESTEO F.S. – O PARRULO F.S. FERVENZA LAVANDERÍA “A”
6ª XORNADA DA COPA DA PRIMEIRA FUTGAL F.S
Ás 11:45 h. O ESTEO F.S. XUVENIL – C.M.I. UNIDADE DE FENE | SOOS MAQUINARÍA
12ª XORNADA PREFERENTE FUTGAL
Categoría Cadete
Ás 13:00 h. PINTURAS CLX – O ESTEO F.S. – O PARRULO F.S. PRINK “A”
Artigos relacionados
PATROCINADORES













