Imaxe do encontro ante Lugo Sala | Xose Ferreiro

Os de As Pontes viaxan a Pontevedra na procura de tres puntos importantes

Maña sábado os ponteses desprazanse ata Pontevedra para enfrontarse ás cinco da tarde no Pavillón Municipal de Deportes de dita cidade ao Exlabesa Leis Pontevedra F.S. nun encontro correspondente á vixésimo sétima xornada da Segunda División B de Fútbol Sala e que poderá seguirse en direto pola plataforma de internet tiivii.gal.

O conxunto pontés afronta un dos desprazamentos máis esixentes nesta recta final da tempada ao visitar a un equipo que xa se proclamou campión de liga de maneira matemática a falta de catro xornadas para o final da competición, despois dunha campaña moi sólida na que se mostrou como o conxunto máis regular do campionato.

Pola súa banda, O Esteo buscará realizar un encontro moi serio ante un rival que, malia ter xa asegurado o primeiro posto, seguirá querendo ofrecer unha boa imaxe diante da súa afección. O equipo pontés tratará de competir ao máximo nivel nunha das pistas máis compricadas da categoría de onde escaparon moi poucos puntos durante a tempada.

O adestrador dos ponteses, Iván López, sinalou na previa que “despois do último encontro ante o Lugo Sala onde creo que se nos escaparon dous puntos importantes, non vale de nada lamentarse, temos claro que ai seguir traballando e pelexando para tentar gañar as catro finais que nos quedan se queremos meternos en playoof”. Ademais, destacou que “se tiveramos que escoller seguramente non escolleriamos este rival para o encontro deste fin de semana pero non toca outra que arrimar o hombro, pelexar, competir e facer un bo encontro para poñerlle as cousas difíciles ao campión”, queremos mostrar a nosa mellor versión coa ilusión de competir e facer un bo encontro para poñerlle as cousas difíciles a o rival que seguramente quererá comezar a preparar o playoof de ascenso”.

O técnico pontés tamén fixo fincapé na importancia de manter a concentración durante todo o encontro “Sabemos que vai ser moi compricado ante un Leis Pontevedra que nos vai esixir moito, que nos vai costar enlazar xogadas e ter o dominio do balón pero traballamos durante toda a semana esas posibles situacións e vamos con tódalas gañas do mundo para traer os tres puntos de volta á As Pontes”. Finalmente, engadiu que “o equipo chega con gañas de competir e de demostrar que pode plantar cara a calquera rival nesta recta final da tempada”.

O choque preséntase, polo tanto, como unha proba de gran esixencia para o cadro pontés, que deberá manter unha alta intensidade defensiva e aproveitar as súas oportunidades se quere puntuar ante o líder e manter vivas as opcións de clasificarse para a disputa do playoff de ascenso. En fronte estará un Leis Pontevedra que chega ao encontro coa tranquilidade de ter xa asegurado o título ligueiro e quedar exento da primeira eliminatoria de ascenso á Segunda División pero coa motivación de continuar ampliando a súa gran tempada.

No encontro da primeira volta disputado no Pavillón Polideportivo Municipal de As Pontes O Esteo e Leis Pontevedra firmaban táboas (3-3) nun choque moi igualado de principio a fin.

CATEGORÍAS BASE

Tra-lo paron de Semana Santa tódalos equipos de base de O Esteo F.S. volven á competición disputando os seus respectivos encontros, dous deles o sábado e catro para o domingo entre os cales destaca o derbi local na Primeira Futgal Benxamín. Acontinuación expoñense os lugares e horarios de xogo.

Sábado día 11 de Abril

– Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga (As Pontes)

2ª XORNADA DA COPA GALICIA PREFERENTE FUTGAL F.S.

Ás 17:00 h.   O ESTEO F.S. INFANTIL – CASÁS

Ás 18:30 h.   O ESTEO F.S. ALEVÍN “A” – 5 CORUÑA F.S.

Domingo día 12 de Abril

– Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga (As Pontes)

8ª XORNADA DA PRIMEIRA FUTGAL F.S.

 Ás 16:00 h.  LAGO SPORT | A TABERNA DE PANCHO – O ESTEO F.S. BENXAMÍN

– Pavillón Municipal de A Xunqueira (Fene)

13ª XORNADA DA PRIMEIRA FUTGAL F.S.

Ás 17:00 h.  SOOS MAQUINARIA | CMI UNIDADE DE FENE – O ESTEO F.S. CADETE

– Pavillón Municipal de Ares

11ª XORNADA DA PRIMEIRA FUTGAL F.S.

Ás 17:30 h.  CLUB ARES FUTSAL | PELUQUERIA ALICIA PIN-UP – O ESTEO F.S. ALEVÍN “B”

– Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga (As Pontes)

 24ª XORNADA DA PRIMEIRA FUTGAL F.S. SENIOR

 Ás 19:00 h.  O ESTEO F.S. “B” – HELVETIA-NAUGA CORUÑA FUTSAL

Artigos relacionados

PATROCINADORES