Os ponteses tentaran conseguir os tres puntos para acercarse ao seu obxetivo de salvar a categoría

O Esteo F.S. recibirá maña sábado, ás sete e media da tarde, a visita dos seus veciños do Grupo Forma-t Vilalba F.S.para disputar un interesante derbi de cercanías corresponde á vixésimo quinta xornada da Segunda División B.

Ambos conxuntos con necesidades ben diferentes, buscaran unha vitoria que no caso dos ponteses, sería unha gran inxección de moral para afrontar a recta final do campeonato, e manterse na loita por seguir na categoría de bronce do futbol sala nacional.

Ponteses e vilalbeses chegan a este encontro en situacións moi distintas. Mentras que o conxunto pontés está inmerso na loita por evitar o descenso, os da chaira están situados cómodamente, nos postos medios da táboa clasificatoria, coa permanencia asegurada na categoría unha tempada mais, manteñen unha mínima posibilidade de alcanzar o cuarto posto, o que lles daría a opción de disputar os play of de ascenso a Segunda División.

O Grupo FormaT Vilalba F.S que mantivo a gran parte do plantel da tempada pasada, é un conxunto moi rochoso e peleón, formado por xogadores con amplia experiencia na categoría e que o fai ser un equipo moi intenso e competitivo.

Dende o clube facemos un chamamento á afeción, para que acuda ao Pavillón pontés a apoiar e aportar ese ánimo extra a o equipo neste importante encontro que promete ser emocionante e disputado dende o inicio ata o final.

CATEGORÍAS BASE

TÓDOLOS ENCONTROS DISPUTARANSE NA XORNADA DO DOMINGO

Nesta fin de semana tódalas categorías de base de O Esteo F.S. disputarán os seus respectivos encontros na xornada do Domingo onde cabe
destacar o derbi de rivalidade local na Liga Galega Alevín entre O Esteo F.S. e o Lago DVSport.

 

Os lugares e horarios dos encontros distribuense da seguinte forma:

Domingo día 7 de Abril

Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga (As Pontes)

12º XORNADA SEGUNDA FASE LIGA 1ª AUTONÓMICA FERROL FUTBOL SALA

– Ás 10:15 h. O ESTEO F.S. BENXAMÍN “B” – S.D.C.e R. NARÓN O FREIXO “A”

25º XORNADA LIGA GALEGA FUTBOL SALA

– Ás 16:00 h. O ESTEO F.S. INFANTIL “A” – GALICIA GAITEIRA

– Ás 17:30 h. O ESTEO F.S. ALEVÍN “A” – ELECTRICIDAD J&O LAGO DVSPORT

10º XORNADA SEGUNDA FASE LIGA 1ª AUTONÓMICA FERROL FUTBOL SALA

Pavillón do Ensanche (Ferrol)

– Ás 12:00 h. A.D.C.R. SANTA MARIÑA – O ESTEO F.S. BENXAMÍN “A”

– Ás 17:00 h. PELUQUERÍA VERO´S O PARRULO “C” – O ESTEO F.S. INFANTIL “B”

Pavillón do CEIP A Solaina (Narón)

– Ás 12:00 h. CIDADE DE NARÓN – O ESTEO F.S. ALEVÍN “B”

5ª XORNADA COPA DA 1ª AUTONÓMICA FERROL FUTBOL SALA

Pavillón Campo da Serra (Narón)

– Ás 20:10 h. NARÓN FUTSAL – O ESTEO F.S. XUVENIL

Artigos relacionados

PATROCINADORES