Imaxe do encontro da Copa Galicia do pasado Martes | Xose Ferreiro

Os Ponteses queren seguir sumando diante da súa afección

O vindeiro sábado 15 de Novembro ás 18:00 horas, o Pavillón Polideportivo Municipal da Fraga (As Pontes) volverá ser escenario dunha nova xornada da Segunda División B, na que o O Esteo F.S. recibirá a visita do Deporcyl Guardo F.S., un dos conxuntos máis esixente e combativo do grupo.

Logo dos dous últimos encontros marcados pola eficacia cara a portería, con sendas goleadas ante o 5 Coruña (4-7) na liga e (9-3) ante a S.D. Xove no encontro da terceira rolda da Copa Galicia disputado en A Fraga, os ponteses afrontan este novo compromiso coa intención de continuar sendo fortes na casa e ofrecerlle aos seus siareiros un novo triunfo que lle permita seguir nos postos altos da táboa clasificatoria.

Pola súa banda, o Deporcyl Guardo F.S. chega a As Pontes con boas sensacións e coa intención de prolongar a súa boa dinámica. O conxunto castelán é un equipo talentoso e experimentado, moi perigoso nas transicións rápidas e con xogadores capaces de marcar diferenzas en calquera momento.

O adestrador dos de As Pontes, Iván López, consciente da dificultade do rival, insistiu durante a semana na importancia de manter a concentración defensiva e aproveitar as ocasións para impor o ritmo do encontro. “Maña sábado visitanos un rival consagrado na categoría que sempre está a pelexar por ascender e ainda que está tempada non comezou como se esperaba, ven de menos a mais”. O técnico Pontes continuaba decindo que “en canto a nos, tras dous encontros moi esixentes (5 Coruña na liga e Xove na Copa Galicia o pasado Martes) sobre todo este último non nos veu ben a nivel físico porque estamos moi xustos no número de xogadores e o resto de adestramentos da semana adicamolos mais á recuperación”. Por último expresaba que “chagamos nun gran momento a nivel de xogo, de resultados e anímico para encarar outro importante encontro e intentar que os tres puntos se queden en As Pontes”.

O encontro preséntase, polo tanto, como unha proba de carácter para os locais, que buscarán o apoio do público para converter o pavillón pontés nun auténtico fortín e sumar tres puntos fundamentais para continuar unha semana mais nos postos altos da clasificación.

Os duelos entre Ponteses e Palentos sempre se caracterizaron pola gran cantidade de goles realizados, polo que cita de maña promete intensidade, bo fútbol sala e emoción ata o final.

O prezo das entradas, para presenzar este encontro, será o mesmo que en encontros anteriores. Poderanse adquirir anticipadamente a través da plataforma CLUBER (ver redes sociais do clube).

➡️ Socios: Gratis
➡️ Non socios maiores de 18 anos: 7 Euros
➡️ Non socios entre 14 e 18 anos: 3 Euros
➡️ Menores de 14 anos: Gratis
➡️ Pais,nais e nenos da escola do club: Gratis

CATEGORÍAS BASE

Nova xornada para os equipos de base onde todos disputaran os seus respectivos encontros o vindeiro domingo no Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga (As Pontes) como acontinuación se indica.

Domingo día 16 de Novembro

4ª Xornada Primeira Futgal

Ás 10:30 h.  O ESTEO F.S. BENXAMIN – C.D. ESTRELLA A SOLAINA “A”

Ás 11:30 h.  O ESTEO F.S. ALEVÍN “B” – C.M.I. UNIDADE DE FENE “C”

5ª Xornada Primeira Futgal

Ás 12:30 h.  O ESTEO F.S. CADETE – S.D.R. e C. NARÓN O FREIXO “A»

10ª Xornada Preferente Futgal

Ás 17:00 h.  O ESTEO F.S. INFANTIL – TROULA BETANZOS F.S.

Ás 18:15 h.  O ESTEO F.S. ALEVÍN “A” – TROULA BETANZOS F.S.

8ª Xornada Primeira Futgal Senior

Ás 19:45 h.  O ESTEO F.S. “B” – FONTANERÍA JUVE LAGO SPORT

Artigos relacionados

PATROCINADORES