Imaxe de Arquivo | O Esteo F.S.
Os ponteses tentaran conseguir algo positivo na súa visita a Lugo
O Esteo F.S. afronta este domingo unha esixente saída a terras lucenses para medirse ao Lugo Sala. O encontro disputarase á unha do mediodía no Pavillón Municipal dos Deportes de Lugo, un escenario sempre compricado e que promete un partido de alta intensidade.
O conxunto pontés chega con gañas de reafirmar o seu bo momento competitivo e seguir sumando puntos nunha Segunda División B cada vez máis esixente e apertada. A solidez defensiva e o crecemento colectivo amosado nas últimas xornadas serán claves para facer fronte a un Lugo Sala que se caracteriza polo ritmo alto que imprime aos encontros e a súa capacidade para castigar calquera erro do rival.
O conxunto lucense buscará aproveitar a súa condición de local para impoñer o seu estilo de xogo e manterse firme na loita por seguir escalando postos na clasificación.
Pola súa banda, os ponteses saben que será necesario un esforzo coral, concentración máxima e aproveitar as ocasións para conseguir un resultado positivo nunha das pistas máis esixentes do campionato.
Ao remate desta semana de adestramentos, o técnico dos de As Pontes, Iván López, comentaba sobre o encontro do domingo que “desprazamonos ata Lugo para enfrontarnos a un equipo recen descendido de Segunda División o cal comezou de forma irregular a tempada pero é un conxunto con moita calidade que mezcla veteranía xuventude e que de seguro que irá para arriba na clasificación”. Continuaba expresando que “afrontamos o encontro con dúas baixas moi importantes para nos pero a semana a nivel de adestramentos foi moi boa e creo que o levamos o partido bastante preparado”. Por último comentaba tamen que “Sabemos que vai ser un encontro compricado, contra un equipo que nos vai esixir moito e nos tentaremos utilizar as nosas armas para conseguir os tres puntos que serían ideais para distanciarnos deste e outros equipos que estan a cinco ou seis puntos de nos na táboa clasicatoria.”
Prevese un choque vibrante e con moitas alternativas e poderase ver en direto por internet na plataforma de streaming Tiivii.gal adicada ao deporte galego.
CATEGORÍAS BASE
Nova fin de semana onde os encontros das categorías base repartense entre o sábado e o domingo da seguinte maneira, todos eles como visitantes.
- Sábado día 22 de Novembro
11ª Xornada Preferente Futgal
Pavillón O Palomar (Lugo)
Ás 18:15 h. ADC LUGO SALA ACASTI REFORMAS – O ESTEO F.S. INFANTIL
Ás 19:30 h. ADC LUGO SALA ACASTI REFORMAS – O ESTEO F.S. ALEVÍN “A”
5ª Xornada Primeira Futgal
Pavillón O Ensanche (Ferrol)
Ás 18:00 h. ADCR SANTA MARIÑA “A» – O ESTEO F.S. BENXAMIN
Pavillón Municipal de A Malata (Ferrol)
Ás 19:00 h. O PARRULO F.S. | NARÓN SEGUR – O ESTEO F.S. ALEVÍN “B”
- Domingo 23 de Novembro
9ªXornada Primeira Futgal Senior
Pavillón Municipal Sagrada Familia (A Coruña)
Ás 12:15 h. HELVETIA-NAUGA CORUÑA FUTSAL – O ESTEO F.S. “B”
6ª Xornada Primeira Futgal
Pavillón Municipal de A Xunqueira (Fene)
Ás 13:00 h. SOOS MAQUINARÍA CMI UNIDADE DE FENE – O ESTEO F.S. CADETE
Artigos relacionados
PATROCINADORES













