Imaxe de arquivo | O Esteo F.S.

Primeiro encontro do ano para os ponteses diante da súa afección

Os de As Pontes disputarán maña sábado ás seis do serán o seu primeiro partido do ano como local no Pavillón Polideportivo Municipal A Fraga, onde recibirán ao IES Coruxo F.S. nun encontro correspondente á décimo sétima xornada na Segunda División B.

O conxunto pontés afronta este compromiso coa ilusión de reencontrarse coa súa afección e a vitoria tras comezar o pasado sábado a segunda volta do campionato cunha derrota en Valladolid ante C.D. Tierno Galván, nun encontro onde a falta de acerto cara ao gol dos ponteses privounos de acadar algo positivo. Mentras que o conxunto vigués chega a este partido nunha boa dinámica, gañandolle a pasada xornada ao F.S. Salamanca con relativa solvencia.

O encontro deste sábado presentase moi esixente ante un rival sempre competitivo como é o olívico, “pero xogar na casa diante da nosa afección será un factor chave para tentar impor o noso ritmo de xogo e pelexar polos tres puntos dende o primeiro minuto” comentaba Ivan López, adestrador do ponteses. Tamen destacou a importancia de facerse fortes na casa “é moi importante continuar sendo fortes diante da nosa xente. Queremos facer do pavillón municipal un fortín compricado para calquera rival e para iso sabemos que temos que saír moi concentrados dende o inicio”. Por último subliñou o respeto polo rival “O Coruxo é un equipo que compite moi ben, con xente nova e moita intensidade, que se non estamos ao noso máximo nivel, vai poñernos as cousas moi compricadas”.

Durante a semana, o corpo técnico traballou con intensidade para preparar un encontro que esixirá solidez defensiva, ritmo alto e acerto nas áreas.

Co apoio da afección, os xogadores ponteses buscaran unha vitoria que lles devolva a confianza para afrontar vindeiros compromisos e os aproxime un pouco mais ao obxetivo principal que non é outro que lograr a permanencia na categoría o antes posible, e a partir de aí pensar en algo mais.

Dende o clube fan un chamamento a dita afección para que acuda ao pavillón pontés a presenzar e animar aos seus, sabendo que as entradas para presenzar este encontro poderanse adquirir anticipadamente a través da plataforma CLUBER (enlace nas diferentes publicacións de dito encontro nas redes sociais do club) cos seguintes prezos:

➡️ Socios: Gratis
➡️ Non socios maiores de 18 anos: 7 Euros
➡️ Non socios entre 14 e 18 anos: 3 Euros
➡️ Menores de 14 anos: Gratis
➡️ Pais,nais e nenos da escola do club: Gratis

 

CATEGORÍAS BASE

Segunda fin de semana de competición do ano para as categorías de base do clube onde todas elas disputaran os seus respectivos encontros como locais na xornada do domingo, agás os Benxamíns que non teñen competición. A continuación expoñense os horarios de xogo.

Domingo día 18

  • Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga (As Pontes)

2ª XORNADA LIGA PRIMEIRA FUTGAL FERROL F.S.

Ás 11:00 h. O ESTEO F.S. ALEVÍN “B” – C.M.I. UNIDADE DE FENE F.S.

14ª XORNADA DA PRIMEIRA FUTGAL SENIOR

Ás 12:30 h.  O ESTEO F.S. “B” – C.D. ESTRELLA A SOLAINA

16ª XORNADA DA PREFERENTE FUTGAL F.S.

Ás 16:00 h.  O ESTEO F.S. ALEVÍN “A” – A.D. CODIMA AMES SPORT

Ás 17:15 h.  O ESTEO F.S. INFANTIL – A.D. CODIMA-GRÁFICAS ESTEIRO

2ª XORNADA LIGA PRIMEIRA FUTGAL FERROL F.S.

Ás 18:45 h.  O ESTEO F.S. CADETE – A.D.C. SANTA MARIÑA | NEXO

Artigos relacionados

PATROCINADORES