Imaxe do primeiro día da pretempada | Xose Ferreiro

Os de As Pontes comezan un novo camiño na 2ª División B do Futbol Sala español

Chega o momento da verdade. Despois dun intenso periodo de preparación, os ponteses afrontan maña sábado o seu primeiro encontro da tempada 2026/2027, recibindo ás sete da tarde, no Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga (As Pontes), á S.D. Xove F.S.

O conxunto pontés quere comezar a competición oficial diante da súa afección cunha vitoria que lle permita sumar os seus tres primeiros puntos da tempada e transmitir as boas sensacións colleitadas durante as últimas semanas de traballo. O equipo dirixido por Iván López afronta o debut na liga con ilusións renovadas e coa determinación de competir ao máximo dende o primeiro minuto.

Diante estarán os mariñans da S.D. Xove F.S. que poñeran a proba aos locais nun duelo de máxima esixencia. Os encontros entre ámbolos dous conxuntos adoitan estar marcados pola intensidade, a igualdade e o alto ritmo de xogo, polo que se espera un encontro apaixonante para iniciar o novo curso.

Despois do derradeiro adestramento da semana o adestrador dos ponteses deixaba as súas impresións sobre o encontro comentando que “chegamos coas pilas cargadas a este primeiro encontro de liga onde nos visita un rival moi compricado como o Xove”. Continuaba decindo “Os de A Mariña consagrados na categoría, fixeron varias incorporacións de xogadores xovenes dun bo perfil ademáis do cambio de adestrador, vannos poñer as cousas compricadas”. Remataba expresando que “estamos preparados para enfocar este primeiro encontro de liga con moitas gañas diante da nosa afición e sabendo da dificultade do rival tentaramos que os tres puntos se queden na casa para comezar con bó pé a competición”.

O apoio da bancada será, unha vez máis, fundamental para os ponteses. O club fai un chamamento a toda a súa afición para que acuda ao pavillón pontés de A Fraga e acompañar ao equipo neste primeiro paso dunha tempada na que a unión entre xogadores e seguidores volverá ser unha das grandes fortalezas do proxeto.

ENTRADAS

Para presenzar o encontro as entradas poderanse adquirir mediante a plataforma CLUBER (enlace nas redes sociais do club) mantendose os prezos da pasada tempada.

 Socios: Gratis

 Non socios maiores de 18 anos: 7 Euros

 Non socios entre 14 e 18 anos: 3 Euros

Menores de 14 anos: Gratis

Pais, nais e nenos da escola do club: Gratis

CATEGORÍAS BASE

Os equipos de base que disputan a Preferente Futgal desprazanse o domingo á tarde ata A Coruña para enfrontarse ao 5 Coruña F.S. na segunda xornada do campionato. A continuación expoñense os horarios dos encontros.

Domingo día 20

2ª Xornada Liga Preferente Futgal

Pavillón Novo Mesoiro (A Coruña)

Categoría Cadete

Ás 16:30 h.      5 CORUÑA LA MASÍA – PINTURAS CLX O ESTEO F.S.

Categoría Infantil

ÁS 17:40 h.     5 CORUÑA AUGA DE PARADA – BAR JARDÍN O ESTEO F.S.

Categoría Alevín

ÁS 18:30 h.  5 CORUÑA F.S. – PRINK O ESTEO F.S.

Artigos relacionados

PATROCINADORES