Imaxe do encontro do pasado sábado | Xose Ferreiro

Os de As Pontes tentaran voltar á senda das vitorias nunha pista compricada

Os ponteses desprázanse maña sábado ata a Mariña para disputar un novo compromiso ligueiro fronte ao S.D. Xove F.S., nun encontro correspondente á décimo novena xornada da tempada na Segunda División B. O encontro disputarase a partires das seis e media da tarde na compricada pista do Pavillón Municipal de Xove e poderase seguir en direto pola plataforma de Internet, tiivii.gal

O conxunto pontés encara este duelo coa intención voltar a senda dos triunfos e facer bo o empate colleitado o pasado sábado, ante un rival direto na pelexa polos postos de privilexio da clasificación como é o F.S. Salamanca. Os de As Pontes queren continuar na boa liña competitiva amosada nas últimas xornadas, nunha das pistas mais compricas dunha categoría tan igualada e esixente como a Segunda División B. En fronte terán a unha S.D. Xove F.S. que se amosa especialmente forte cando xoga como local, que chega a este choque nun bo momento de xogo e resultados e que conta cunha afección que apreta durante os corenta minutos de encontro.

Na previa do encontro, o adestrador dos ponteses, Iván López, destacou a dificultade do choque e advertiu do nivel do rival “Os mariñans son un equipo moi intenso e competitivo na súa pista, que xoga cun ritmo alto e que aproveita moi ben os erros do rival. Se baixas a concentración nalgún momento, págalo moi caro”. O técnico pontés tamén fixo fincapé na importancia de manter a identidade do equipo durante os corenta minutos: “Temos que ser moi sólidos en defensa, minimizar erros e ter paciencia co balón. Sabemos que vai haber momentos de sufrimento, pero é fundamental manter a calma e confiar no noso traballo”. Remataba subliñando o bo momento do grupo e a actitude co que o equipo afronta o desprazamento “O equipo estivo a traballar moi ben durante a semana, con moita implicación e gañas de competir. Teremos que saír á pista coa máxima ambición, sabendo que se facemos as cousas ben teremos moitas opcións de sumar”, afirmaba.

Con estes argumentos, O Esteo F.S. buscará ofrecer a súa mellor versión nun escenario compricado, coa ilusión de traer un resultado positivo de volta para As Pontes e continuar nos postos altos da clasificación unha xornada mais.

No encontro da primeira volta disputado no Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga os de A Mariña fixeronse coa vitoria cun axustado marcador de 4 goles a 5 grazas a un maior acerto nos metros finais que os ponteses.

 

CATEGORÍAS BASE

Nova fin de semana onde tódolos equipos da base volven a disputar os seus respectivos encontros como locais no Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga, agás os benxamíns que non teñen competición. A orde e o horario dos encontros é a seguinte.

Domingo día 1 de Febreiro

  • Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga (As Pontes)

18ª XORNADA DA PREFERENTE FUTGAL F.S.

Ás 11:00 h.  O ESTEO F.S. ALEVÍN “A” – RIBEIRA F.S. Autocares Álvarez

 16ª XORNADA DA PRIMEIRA FUTGAL SENIOR

Ás 12:30 h.  O ESTEO F.S. “B” – S.D.R. e C. NARÓN O FREIXO

4ª XORNADA LIGA PRIMEIRA FUTGAL FERROL F.S.

Ás 16:30 h.  O ESTEO F.S. CADETE – SOOS MAQUINARÍA | CMI UNIDADE DE FENE

Ás 17:30 h.  O ESTEO F.S. ALEVÍN “B” – CLUB ARES FUTSAL | PELUQURÍA ALICIA PIN-UP

18ª XORNADA DA PREFERENTE FUTGAL F.S.

Ás 18:45 h.  O ESTEO F.S. INFANTIL – RIBEIRA F.S. | Meizoso Fernández

Artigos relacionados

PATROCINADORES