Imaxe do encontro ante o C.D. Tierno Galván | Xose Ferreiro
Os ponteses reciben este sábado ao conxunto salmantino na novena xornada de liga, nun encontro no que tratarán de sumar tres novos puntos diante a súa afección.
O Esteo F.S. afronta maña sábado unha nova cita ligueira coa disputa da novena xornada da tempada 26/27, na que recibirá ao F.S. Salamanca Energía Duero nun encontro que se disputará a partir das seis da tarde no Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga.
O conxunto pontés regresa ao seu feudo coa intención de ofrecer unha boa imaxe diante dos seus seareiros e conseguir unha nova vitoria que lle permita continuar nos postos altos da competición. Para iso, os de As Pontes deberán mostrar a súa mellor versión, mantendo a intensidade, a concentración e a capacidade competitiva amosada nos últimos encontros.
O rival desta xornada será un FS Salamanca Energía Duero que chegará a As Pontes coa intención de poñerlles as cousas difíciles aos locais e sumar algún resultado positivo lonxe da súa pista. Trátase dun enfrontamento entre dous conxuntos que xa se coñecen de anteriores tempadas e que adoitan protagonizar encontros moi competidos. No último precedente disputado en A Fraga, ambos equipos empataron (5-5), polo que se agarda un duelo no que ningún dos dous regalará nada.
Para O Esteo será fundamental saír á pista coa máxima concentración desde o asubío inicial, evitar erros que poidan ser aproveitados polo rival e manter un bo nivel de intensidade e eficacia nas dúas áreas. O apoio da afección pontesa tamén pode converterse nun factor importante para axudar ao equipo a conseguir o obxectivo dos tres puntos.
Ao finalizar esta semana de adestramentos, o técnico dos de As Pontes, Iván López comentaba “Despois da vitoria acada a pasada xornada, fora da casa, que nos reforzou moito anímicamente non só pola entidade do rival senon tamen pola viaxe longa realizada. Maña agárdanos un encontro compricado ante un rival que ten xogadores de calidade e que nos vai esixir moito durante todo o encontro. Os salamantinos son moi competitivos, polo que teremos que estar moi concentrados e non cometer erros que nos poidan penalizar”.
O adestrador pontés tamen dá importancia a xogar na casa “Xogamos na nosa pista e queremos aproveitar esa circunstancia para sumar os tres puntos e continuar coa boa xeira de resultados que estamos a lograr. Para iso debemos saír con intensidade, ter personalidade co balón e ser solidarios no traballo defensivo. Será importante manter a concentración durante os corenta minutos e competir cada balón como se fose o último”.
Por último expresaba que “O equipo está traballando ben e afrontamos este encontro con ilusión e gañas de manternos nos postos altos da clasificación. Sabemos que non será doado, pero se somos fieis ao noso estilo de xogo, estamos unidos e contamos co apoio da nosa afección, teremos as nosas opcións de conseguir unha nova vitoria e demostrar que isto non é casualidade, que se estamos aí é por algo”.
O apoio dos seus seareiros será fundamental para loitar por tres puntos máis, polo que dende o clube fanlles un chamamento para que acudan ao pavillón pontés a animar aos seus.
CATEGORÍAS BASE
Fin de semana atípica con tan só dous encontros correspondentes ás categorías Alevín e Infantil da Preferente Futgal que se van disputar na tarde do domingo no Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga. O resto de equipos de base ou sofren o seu primeiro parón da competición caso da Primeira Futgal ou cumpren xornada de descanso como os cadetes da Preferente Futgal.
Domingo día 15
Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga (As Pontes)
10ª XORNADA PREFERENTE FUTGAL F.S.
Categoría Alevín
Ás 17:00 h. PRINK – O ESTEO F.S. – CASÁS
Categoría Infantil
Ás 18:15 h. BAR JARDÍN – O ESTEO F.S. – CASÁS
Artigos relacionados
PATROCINADORES













