Imaxe do encontro da pasada xornada | Xose Ferreiro
O conxunto pontés visita este venres o Pavillón Municipal de Vilalba para disputar un dos encontros máis especiais da tempada, nun encontro no que ambos equipos buscarán facerse cos tres puntos.
A décima xornada da tempada 26/27 na Segunda División B de Fútbol Sala traerá consigo un dos encontros máis agardados da competición para os afeccionados da zona. O Esteo F.S. desprazarase hoxe venres, día 20 de novembro, ata o Pavillón Municipal de Vilalba para medirse ás nove da noite ao Grupo Forma-T Vilalba F.S., nun derbi de proximidade que promete emoción, intensidade e competitividade dende o inicio ata o final.
Trátase dun encontro especial pola rivalidade deportiva e pola proximidade entre ambas localidades, no que os dous conxuntos tratarán de ofrecer a súa mellor versión para levarse unha vitoria que, ademais dos tres puntos, suporía un importante impulso anímico sobre todo para o conxunto vilalbés que arestora encontrase como pechacancelas da competición.
O equipo pontés afronta esta cita coa intención de continuar amosando a súa capacidade competitiva e manter a liña de traballo que vén desenvolvendo ao longo da tempada. Porén, os de As Pontes son conscientes das dificultades que entraña visitar unha pista esixente e enfrontarse a un rival necesitado de puntos que, nun derbi desta natureza, contará tamén co apoio da súa afección.
A igualdade, a intensidade e os pequenos detalles poden resultar determinantes nun choque no que ningún dos dous equipos quererá ceder terreo. Os ponteses deberán amosarse sólidos en defensa, manter a concentración durante os corenta minutos e aproveitar as ocasións de gol que se lles presenten. Ademais, este tipo de encontros adoitan ter un compoñente emocional engadido, polo que saber xestionar os momentos compricados e manter a calma será fundamental para ter opcións de conseguir un resultado positivo.
O adestrador dos de As Pontes, Iván López, tra-lo derradeiro adestramento desta semana expresaba que “logo de conseguir unha gran vitoria diante dun bo equipo como é o Salamanca, sabemos que hoxe agardanos un encontro moi compricado, como todos os desta tempada, ante un rival que coñecemos ben. É un derbi e iso sempre lle dá un carácter especial ao encontro, tanto pola proximidade entre os dous equipos como pola ilusión que esperta nas afeccións”. Continuaba sinalando que “Os vilalbeses son un equipo competitivo, que na súa pista vai esixirnos moito e ante o que non podemos cometer erros. Teremos que saír moi concentrados desde o primeiro minuto, competir cada balón e igualar como mínimo a intensidade coa que seguro que sairan eles á pista. Este tipo de partidos non se gañan únicamente coa calidade, senón tamén co traballo, coa concentración e coa capacidade de sacrificio. Será importante estar xuntos, ser sólidos defensivamente e aproveitar as nosas oportunidades cando as teñamos”.
Remataba decindo que “Imos a Vilalba coa máxima ilusión e co obxectivo de competir e loitar polos tres puntos ata o final. Tentaremos de levar o dominio do encontro sabendo que non será doado ante un equipo necesitado de puntos como Vilaba, pero confiamos no noso traballo seemanal e nas nosas posibilidades. Oxalá poidamos ofrecer un bo espectáculo e que a vitoria veña para As Pontes”.
En definitiva un derbi que promete emocións fortes dende o principio ata o asubío final independentemente da posición que ocupan os dous equipos na taboa clasificatoria.
CATEGORÍAS BASE
Os equipos de base disputaran tamen a domicilio na xornada do domingo os seus respectivos encontros agás os Alevíns da Primeira Futsal e os Benxamíns que teñen xornada de descanso. Acontinuación expoñense os horarios e os lugares de xogo.
Domingo día 22 de Novembro
11ª Xornada Preferente Futgal
-Pavillón Campo da Serra (Narón)
Categoría Alevín
Ás 11:00 h. NARÓN FUTSAL – PRINK – O ESTEO F.S.
-Pavillón Municipal A Casqueira (Pontedeume)
Categoría Cadete
As 16:00 h. YEDAMMA FUTBOL SALA PONTEDEUME – PINTURAS CLX – O ESTEO F.S.
Categoría Infantil
Ás 18:00 h. CERVECERÍA ALAMEDA F.S. PONTEDEUME – BAR JARDÍN – O ESTEO F.S.
5ª Xornada Copa Primeira Futgal
-Pavillón Municipal Esteiro (Ferrol)
Ás 20:30 h. CARANZA FUTBOL SALA | PELUQUERÍA VICTOR – O ESTEO F.S. XUVENIL
Artigos relacionados
PATROCINADORES













