Imaxe do final do encontro ante o Deporcyl Guardo F.S.
O Esteo F.S. recibirá o domingo á maña ao Racing de Mieres, pecha cancelas da clasificación
O vindeiro domingo ás doce e media do mediodía os de As Pontes recibirán no Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga a visita do conxunto asturiano do Racing de Mieres F.S. no encontro correspondente á duodécima xornada da tempada na Segunda División B.
Primeiro dos dous encontros consecutivos que disputaran os ponteses como locais, e contra equipos asturianos, onde tentaran voltar ao camiño das vitorias logo da abultada derrota colleitada o pasado sábado en terras do Lérez diante do Stellae Leis Pontevedra F.S.
O Racing de Mieres, pecha cancelas da clasificación con tan só dous puntos no seu casilleiro, está formado por unha mestura de xovenes xogadores e veteráns moi combativos que esixirán aos xogadores ponteses empregarse ao cen por cen en cada acción. Os asturianos logo de descender a pasada tempada á Terceira División, foron repescados pola RFEF (Real Federación Española de Futbol) debido a renuncia de alguns equipos a continuar competindo no grupo 1 da Segunda División B.
Os xogadores ponteses se queren seguir facendo do Pavillón de A Fraga un verdadeiro fortín non se deberán fiar da situación pola que atravesa o seu rival polo que teran que realizar un encontro moi intenso e serio tanto a nivel ofensivo como defensivo tratando de minimizar os erros para sumar os tres puntos.
O adestrador do cadro pontés, Iván López, despois do derradeiro encontro da semana comentaba que “o vindeiro domingo temos un partido na casa onde só vale gañar, non podemos fallar ante un rival ao que se non somos capaces de derrotar meteriamolo de novo no grupo de equipos que pelexan por eludir os postos de descenso”. Continuaba decindo que “temos moitas gañas de demostrar que o ocorrido o pasado sábabo en Pontevedra foi só un accidente e que tentaremos sumar tres novos puntos diante da nosa afección”. Remataba recordando que “temos dous partidos seguidos en A Fraga nos que se consiguimos facernos cós seis puntos daríamos un salto bastante grande de cara a conseguir os obxetivos”.
Dende o clube fan un chamamento á afeción, para que acuda ao Pavillón pontés a apoiar e aportar ese ánimo extra a o equipo neste encontro.
CATEGORÍAS BASE
Nova fin de semana chea de encontros para os equipos de base
Outra fin de semana de moitos encontros para as categorías de base de O Esteo que se reparten como a continuación se indica.
Sábado día 30
7ª XORNADA LIGA PRIMEIRA FUTGAL
Pavillón Campo da Serra (Narón)
Ás 16:00 h. NARON FUTSAL – O ESTEO F.S. BENXAMÍN
Pavillón do Ensanche (Ferrol)
Ás 18:00 h. CARANZA FUTBOL SALA – O ESTEO F.S. PREBENXAMÍN
10ª XORNADA LIGA PRIMEIRA FUTGAL SENIOR
Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga (As Pontes)
Ás 19:00 h. O ESTEO F.S. “B” – S.D.C. e R. NARÓN O FREIXO
Domingo día 1
7ª XORNADA LIGA PRIMEIRA FUTGAL
Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga (As Pontes)
Ás 10:30 h. O ESTEO F.S. INFANTIL “B” – C.M.I. UNIDADE DE FENE | SOS MAQUINARIA “B”
11ª XORNADA LIGA PREFERENTE FUTGAL F.S.
Pavillón San Francisco Javier (A Coruña)
Ás 16:00 h. ACADEMIA 5 CORUÑA F.S. “A” – O ESTEO F.S. INFANTIL “A”
Ás 17:30 h. ACADEMIA 5 CORUÑA F.S. “A” – O ESTEO F.S. ALEVIN “A”
5ª XORNADA LIGA PRIMEIRA FUTGAL
Pavillón Municipal de A Gándara (Narón)
Ás 16:50 h. CLUB DEPORTIVO ESTRELLA A SOLAINA – O ESTEO F.S. ALEVÍN “B”
Artigos relacionados
PATROCINADORES