Imaxe  do encontro disputado entre semana ante a Selección Galega Sub-19 | Xose Ferreiro

Os ponteses pelexaran por conseguir tres puntos importantes diante da súa afición

Maña Sábado, ás cinco da tarde, os de As Pontes, reciben no Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga (As Pontes), ao Deporcyl Guardo F.S no encontro correspondente á décima xornada de liga na Segunda División B.

Os ponteses, que veñen de caer pola mímina na súa visita ao Coruxo e de gañar á Selección Galega Sub-19 no encontro amigable disputado entre semana no Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga, queren continuar facendose fortes no seu feudo, tentando de conseguir un resultado positivo diante d@s seus siarer@s que lles permita afrontar os vindeiros compromisos ligueiros con outra mentalidade e os faga mirar para obxetivos mais ambiciosos.

A tarefa non será doada para o conxunto local, xa que se medirán a un equipo palentino, moi intenso e competitivo, ainda que esta tempada está a ser moi irregular en canto a resultados, xa que están empatados a 11 puntos, na zona media da táboa clasificatoria, cós ponteses, cando a estas alturas de campionato deberían estar a pelexar polos postos punteiros da clasificación.

O adestrador dos ponteses, Iván López, depois do derradeiro adestramento da semana, sinalaba que “este sábado temos un encontro ante un rival moi compricado na casa, onde teremos que continuar facendos fortes e seguir a liña dos partidos disputados ata o momento na mesma”… “Sen dúbida será un encontro moi atractivo ao que chegamos ambos conxuntos empatados a puntos e onde tentaremos darlle outra alegría a nosa afición para comezar a mirar cara arriba na clasificación que é donde realmente debemos estar”.

Ambos conxuntos pelexarán por facerse con tres puntos importantes nun encontro que espera que sexa moi competido e igualado de principio fin.

CATEGORÍAS BASE

O vindeiro domingo á tarde os equipos de base disputaran os seus respectivos encontros distribuidos da seguinte maneira, agas as categorías Benxamín e Prebenxamín que cumpren coa xornada de descanso nos seus respectivos grupos da Primeira Futgal Ferrol:

Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga (As Pontes)

  • 4ª XORNADA LIGA PRIMEIRA FUTGAL FERROL

          Ás 16:00 h. O ESTEO F.S. ALEVÍN “B” – 4RTM O PARRULO “D”

  • 8ª XORNADA LIGA PRIMEIRA FUTGAL SENIOR

Ás 17:15 h.  O ESTEO F.S. “B” – NAUGA NÚÑEZ A CORUÑA

 

Pavillón Municipal de A Gándara (Narón)

  • 5ª XORNADA LIGA PRIMEIRA FUTGAL FERROL

          Ás 17:00 h.  NARÓN FUTSAL “B” – O ESTEO F.S. INFANTIL “B”

Pavillón Municipal O Restollal (Santiago)

  • 9ª XORNADA LIGA PREFERENTE FUTGAL F.S.

          Ás 17:45 h. A.D. CODIMA AMES SPORT – O ESTEO F.S. ALEVIN “A”

Ás 19:00 h. A.D. CODIMA GRÁFICAS ESTEIRO – O ESTEO F.S. INFANTIL “A”

 

  • DESCANSAN as categorías Prebenxamín e Benxamín.

Artigos relacionados

PATROCINADORES