Imaxe do equipo para a tempada 2024/2025. O Esteo F.S.

Segundo test de pretempada para os ponteses

O Esteo recibe, maña sábado, ás 12:00 h., no Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga, a visita do filial do Noia Portus Apostoli F.S.. Conxunto campión do grupo galego da Terceira División e polo tanto recen ascendido á Segunda División B.

Tra-las boas sencións deixadas, a pesar da derrota ante a ADC Lugo Sala, no primeiro encontro da pretempada os ponteses afrontan este segundo encontro con mais sesións acumuladas nas súas pernas, tras rematar a súa segunda e intensa semana de adestramentos.

O obxectivo deste novo encontro ven sendo o mesmo que o da fin de semana pasada, continuar coñecendose e seguir coa posta a punto de cara a un inicio dunha liga que todo fai prever que vaia a ser moi esixente e competitiva de principio a fin.

Maña sábado enfrontaremos a un rival da nosa liga formado por xogadores xovenes con un novo adestrador que persoalmente coñezo” comentaba Ivan López, adestrador dos ponteses e que engadía “despois dunha semana moi boa de adestramentos buscamos, ao igual que en calquera encontro de pretempada, levar a cabo todo o traballado durante a mesma”.

Dende o clube facemos un chamamento á afección, para que acuda ao Pavillón pontés a apoiar ao seu equipo e continuar familiarizándose coas novas caras do plantel sabendo que a entrada para presenciar este encontro será de balde.

 

Artigos relacionados

PATROCINADORES