Imaxe do encontro da pasada xornada diante do Adamo Xove F.S.

Os ponteses buscaran sumar os seus primeiros puntos da tempada

Os de As Pontes desprazaranse o domingo ata a cidade de Lugo, para disputar o encontro da terceira xornada, diante do Sibuscascoche Ribeira F.S., programado para ás cinco da tarde no Pavillón Municipal dos Deportes da cidade amurallada.

Logo das dúas derrotas colleitadas nas dúas primeiras xornadas do campionato os ponteses busaran darlle un xiro á situación e inaugurar o seu casilleiro de puntos. Para elo terán que realizar un encontro moi serio tanto en defensa como en ataque, minimizando os erros e tomando as decisións axeitadas no momento xusto para tentar de sorprender ao rival e facerse con esa ansiada primeira vitoria.

Diante terán a un conxunto, o lucense, que voltou á categoría de bronce do futsal sala español logo de que esta pasada tempada lograra o ascenso despois de ter que disputar tres eliminatorias para conseguilo. Formado por xogadores veterans con moita experiencia na categoría que mezcla con xogadores xovenes con gañas de agradar a súa afición fan que sexa un equipo moi competitivo e peleón durante todo o encontro.

Antes do derradeiro adestramento desta semana, Iván López adestrador dos ponteses comentaba sobre este encontro que “vamonos enfrontar a un equipo moi intenso e aguerrido con xogadores con experiencia en categorías superiores que deixaran a vida para conseguir os tres puntos” continuaba decindo “é un encontro moi importante para nos xa que temos que comezar a sumar de tres en tres” e para rematar expresaba que “se mantemos a liña de xogo da pasada xornada, diante do Xove, gañaremos moitos encontros”.

 

CATEGORÍAS BASE

Esta fin de semana comeza a competición no Grupo 1 da Primeira Futgal para o conxunto filial formado na súa maioría por rapaces do pobo. Un Grupo 1 composto por catorce equipos entre os que se encontra o outro equipo de As Pontes o Fontanería Juve Lago DVSport polo que haberá que agardar á Setima Xornada (10 ou 11 de Novembro) para que ámbolos dous conxuntos se vexan as caras no DERBI DO POBO.

Nesta primeira xornada O Esteo F.S. “B” desprazarase maña sábado ata a cidade de A Coruña para disputar, ás catro e media da tarde no Pavillón Polideportivo Sagrada Familia, o encontro ante o Bar Ciudad F.S.

Por outra banda os nosos Alevíns e Infantis tentaran seguir con paso firme a súa andaina no Grupo 1 da Preferente Futgal. Ambos conxuntos recibiran o domingo pola maña no Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga a visita do conxunto santiagués do Composala. Os Alevíns farano ás 11:00 h. mentras que os Infantís xogaran ás 12:30 h.

Dende o clube facemos un chamamento á afeción, para que acuda ao Pavillón pontés a apoiar ao seus equipos nos encontros e aportar ese ánimo extra aos mesmos.

Artigos relacionados

PATROCINADORES