Imaxe do encontro ante o Deportivo Laviana F.S. | Xose Ferreiro
Os ponteses tentaran voltar á senda do triunfo ante un rival compricado
O Pavillón Polideportivo Municipal da Fraga, en As Pontes, acollerá este sábado ás seis e cuarto do serán un atractivo duelo correspondente á vixésima xornada de liga na Segunda División B, no que o O Esteo F.S. vaise medir ao filial do Noia Portus Apostoli.
O conxunto pontés afronta este novo compromiso ligueiro co obxetivo de voltar á senda da vitoria e seguir sumando puntos para consolidar o seu bo momento como local e resarcirse da derrota do pasado sábabo na súa visita ao Caja Rural Atlético Benavente.
Os ponteses teran diante a un rival formado por xogadores xovenes, dinámicos e con gran calidade individual, que chegan dispostos a poñer as cousas compricadas xa que igual que os locais loitaran por facerse coa vitoria.
Tras unha boa semana de traballo, o corpo técnico dos de As Pontes incidiu na solidez defensiva e a eficacia en ataque, aspectos chave para superar a un conxunto filial que destaca polo seu ritmo alto de xogo e pola súa capacidade para realizar transicións rápidas.
O adestrador de O Esteo, Iván López, destacou na previa a importancia do encontro “Novo partido na casa, coa nosa xente, contra un filial que como xa sabemos está formado por xovenes xogadores moi intensos, con moita calidade e velocidade que nos obrigará a dar a nosa mellor versión sen poder relaxarnos en ningún momento”. Así mesmo subliñou que “temos que facer valer o factor cancha, ser listos e intentar sacar o partido adiante mantendo a concentración durante os corenta minutos». Por último expresou que “necesitamos voltar a senda da vitoria e tratar de que non fuxan mais puntos do pavillón pontés se queremos seguir nos postos altos da clasificación polo que a chave estará en ser sólidos dende o primeiro minuto, cometer poucos erros e aproveitar as nosas ocasións. Se estamos concentrados e somos fieis ao noso estilo, teremos opcións de sumar os tres puntos”.
Os ponteses buscaran, unha vez máis, facer valer o factor cancha para seguir nos postos altos da clasificación e reforzar a súa candidatura aos obxectivos marcados para esta campaña.
Desde o club faise un chamamento á afección para que acuda ao pavillón e anime ao equipo nun encontro que se presenta compricado e moi disputado.
As entradas para presenciar este encontro poderánse adquirir anticipadamente mediante a plataforma CLUBER (enlace nas distintas redes sociais do clube) ou o mesmo día do encontro á entrada do pavillón.
ENTRADAS
Socios: Gratis
Non socios maiores de 18 anos: 7 Euros
Non socios entre 14 e 18 anos: 3 Euros
Menores de 14 anos: Gratis
Pais,nais e nenos da escola do club: Gratis
CATEGORÍAS BASE
Nova fin de semana para as categorías de base con dous encontros o sábado e catro o domingo onde tan só os Benxamíns e o Filial xogaran como locais. A continuación expoñense os horarios e lugares de xogo onde se disputaran das distintas categorías.
Sábado 21 de Febreiro
- Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga (As Pontes)
Xornada 6 Primeira Futgal Ferrol F.S.
Ás 16:30 h. O ESTEO ALEVÍN “B” – NARÓN FUTSAL
- Pavillón Municipal A Xunqueira (Fene)
Xornada 4 Primeira Futgal Ferrol F.S.
Ás 17:00 h. CMI UNIDADE DE FENE F.S. | BOMBAY – O ESTEO F.S. ALEVÍN “B”
Domingo 22 de Febreiro
- Pavillón do Ensanche (Ferrol)
Xornada 7 Primeira Futgal Ferrol F.S.
Ás 16:00 h. O PARRULO F.S. | FLEXISPORT EXPRESS “B” – O ESTEO F.S. CADETE
- Pavillón Municipal Barrio de las Flores (A Coruña)
Xornada 21 Preferente Futgal F.S.
Ás 16:00 h. 5 CORUÑA LA ESTRELLA – O ESTEO F.S. ALEVÍN “A”
Ás 18:00 h. 5 CORUÑA AUGA DE PARADA – O ESTEO F.S. INFANTIL
- Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga (As Pontes)
Xornada 18 Primeira Futgal F.S. Senior
Ás 19:00 h. O ESTEO F.S. “B” – U.D. A ESTRADA F.S.
Artigos relacionados
PATROCINADORES













