Imaxe do encontro ante o Noia Portus Apostoli «B» | Xose Ferreiro
Os ponteses tentaran reverter a situación pola que atravesan
O conxunto pontés afronta este sábado unha nova oportunidade para cambiar a dinámica negativa, na que se viu inmerso nas últimas xornadas, recibindo maña sábado ás seis e cuarto da tarde no Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga (As Pontes) a un convativo e perigoso 5 Coruña F.S. nun encontro correspondente á vixésimo cuarta xornada da Segunda División B.
Os de As Pontes chegan a este encontro tras encadear tres derrotas consecutivas, unha xeira que os relegou á terceira posición dunha táboa clasificatoria con cada vez mais equipos loitando polas prazas de ascenso á Segunda División o que obriga ao conxunto pontés a reaccionar canto antes para mantenrse nos postos altos da clasificación. Durante a semana, o equipo intensificou o traballo táctico, especialmente no apartado defensivo, co obxectivo de recuperar a solidez e minimizar os erros que o penalizaron nas últimas xornadas.
Os coruñeses que tamen se estan xogando moito chegan a este encontro tras colleitar, na última xornada, unha dura derrota ante un rival direto por eludir o descenso como o IES Coruxo, polo que seguro que intentaran poñerlles as cousas difíciles a un conxunto pontés mermado polas baixas.
O adestrador do conxunto pontés, Iván López, recoñecía na previa que o equipo é consciente do momento que atravesa «Sabemos que non estamos na nosa mellor xeira, pero o vestiario está unido e convencido de que podemos darlle a volta á situación. Competimos en tódolos partidos e agora necesitamos axustar pequenos detalles para volver sumar».
Sobre o rival, o técnico destacou que “O 5 Coruña é un recen ascendido con xogadores xovenes de moita calidade que lle van imprimir moito ritmo ao encontro, nos se somos capaces de ler iso, de saber xogar o noso partido e levalo onde queremos teremos posibilidades de conseguir os tres puntos”. Expresaba tamen que “a verdade e que estamos mermados polas baixas que nos están afectando moito tanto a nivel dos adestramentos como dos partidos pero non vale queixarse nin lamentarse, ai que seguir traballando para darlle a volta a esta situación e sobre todo na casa diante da nosa afección tentar brindarlles unha vitoria e recuperar as boas sensacións”.
No encontro da primeira volta disputado na cidade herculina os ponteses lograron a vitoria por 4 goles a 7 grazas a un maior acerto de cara á portería nos minutos finais.
Agárdase un choque igualado e de alta esixencia, no que O Esteo tratará de facerse forte para cortar a xeira negativa e volver sumar tres puntos fundamentais antes de entrar no tramo decisivo da tempada.
Por último dende o clube fan chamamento á afección para que acuda ao Pavillón de A Fraga a animar e arroupar aos seus neste importante encontro, sabendo que as entradas para presenzar este encontro poderanse adquirir anticipadamente a través da plataforma CLUBER (ligazón nas distintas publicacións do encontro nas redes sociais do club) cos seguintes prezos:
➡️ Socios: Gratis
➡️ Non socios maiores de 18 anos: 7 Euros
➡️ Non socios entre 14 e 18 anos: 3 Euros
➡️ Menores de 14 anos: Gratis
➡️ Pais,nais e nenos da escola do club: Gratis
CATEGORÍAS BASE
Nova fin de semana de competición para as categorías de base que se dividen nun encontro o sábado e catro domingo. O único equipo que disputará o seu encontro o sábado, á mesma que o equipo senior da 2ª B, pero a domicilio é o Alevín da Preferente Futgal xa que os infantís viron como lles aprazaban o seu encontro. O resto de categorías disputaran os seus encontros xa xornada domingo como locais. A continuación expoñense os horarios e os lugares de xogo.
Sábado día 7
- Pavillón Municipal José María Valeiro Iglesias “Tocayo” (Betanzos)
Xornada 23 Preferente Futgal
Ás 18:15 h. TROULA BETANZOS F.S. – O ESTEO F.S. ALEVÍN “A”
Domingo día 8
- Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga (As Pontes)
Xornada 5 Primeira Futgal
Ás 11:00 h. O ESTEO F.S. BENXAMÍN – S.D.C. e R. NARÓN O FREIXO “A”
Xornada 20 Primeira Futgal Senior
Ás 12:30 h. O ESTEO F.S. “B” – ULTREIA O PINO F.S.
Xornada 8 Primeira Futgal
Ás 17:15 h. O ESTEO F.S. ALEVÍN “B” – O PARRULO F.S. | PABLO SEIJAS CARPINTERÍA “B”
Xornada 9 Primeira Futgal
Ás 20:00 h. O ESTEO F.S. CADETE – CMI UNIDADE DE FENE F.S. | MAR E TERRA “B”
Artigos relacionados
PATROCINADORES













