Imaxe de arquivo | O Esteo F.S.

Os ponteses reciben ao conxunto salmantino coa intención de facerse fortes diante da súa afección

O Esteo afronta maña sábado, 17 de Outubro, un novo compromiso ligueiro coa disputa da quinta xornada da tempada 26/27 na Segunda División B onde recibirá ao C.D. Albense F.S. a partires das seis da tarde no Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga, nun encontro no que os locais tratarán de aproveitar o factor cancha para conseguir un resultado positivo.

Logo de conseguir a vitoria no derradeiro segundo no encontro da pasada xornada, o equipo dirixido por Iván López, chega a esta cita coa intención de seguir mellorando as súas prestacións sobre a pista e sumar tres puntos importantes nunha competición que esixe regularidade e máxima concentración en cada xornada. Xogar diante da súa afección supón unha motivación engadida para os ponteses, que buscarán ofrecer unha boa imaxe e corresponder ao apoio dos seareiros.

En fronte estará un C.D. Albense F.S. que viaxará ata As Pontes coa intención de poñerlles as cousas difíciles aos locais e loitar polas opcións de puntuar. O conxunto salmantino será un rival que obrigará aos de As Pontes a manter a intensidade e a concentración durante os corenta minutos, evitando erros que poidan resultar decisivos no desenlace do encontro.

Para o conxunto pontés será fundamental mostrar solidez defensiva, intensidade nas disputas individuais e eficacia nas ocasións de gol. Ademais, o equipo deberá saber xestionar os diferentes momentos do partido, manter a calma ante as posibles dificultades e aproveitar o empuxe da bancada para intentar que os tres puntos queden en A Fraga.

Tra-la derradeira sesión de adestramentos da semana o técnico dos ponteses, Iván López destacaba a importancia de afrontar o encontro coa máxima concentración e sen confiarse ante o rival, “Agárdanos un encontro esixente ante un equipo, veterano na categoría, que virá disposto a competir e a poñernos as cousas difíciles. Temos que saír á pista coa intensidade necesaria desde o primeiro minuto, estar concentrados en defensa e aproveitar as ocasións que teñamos”. Tamen sinalaba que “A vitoria da pasada fin semana en A Coruña veunos moi ben a nivel emocional para completar unha boa semana de adestramentos e afrontar o encontro de maña querendo ser un equipo competitivo, levar a iniciativa cando sexa posible e facer valer o apoio da nosa afección”. Tamén incidía na importancia de manter a liña de traballo do grupo e evitar erros “Sabemos que nesta categoría ningún encontro é sinxelo e que os pequenos detalles poden marcar a diferenza. O importante é centrarnos no noso traballo, competir como equipo durante todo o encontro e non baixar os brazos en ningún momento”. Remataba expresando que “Oxalá poidamos facer un bo encontro e que os tres puntos queden en As Pontes”.

Os ponteses precisan do apoio de tódolos seus seareiros para afrontar este novo reto ligueiro, xa que os encontros ante os salmantimos sempre se caracterizaron por ser moi disputados, con moitas alternativas no marcador e moitos goles onde a axuda da bancada sempre foi determinante.

As entradas para presenzar o encontro pódense adquirir anticipadamente na plataforma CLUBER (enlace na historia da conta de Instagram do club) cos seguintes prezos.

ENTRADAS

➡️ Socios: Gratis
➡️ Non socios maiores de 18 anos: 7 Euros
➡️ Non socios entre 14 e 18 anos: 3 Euros
➡️ Menores de 14 anos: Gratis
➡️ Pais, nais e nenos da escola do club: Gratis.

 

CATEGORÍAS BASE

Esta fin de semana comezan a competicións na Primeira Futgal F.S. e os nosos equipos farano o domingo estreandose como locais. Tamen na tarde do domingo os nosos equipos da Preferente disputaran os seus respectivos encontros como locais agás os infantís que cumpren coa súa xornada de descanso. 

Domingo día 18 de Outubro

Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga (As Pon

1ª Xornada Primeira Futgal Ferrol F.S.

Ás 11:00 h.  O ESTEO F.S. ALEVÍN – C.D. ESTRELLA A SOLAINA

Ás 12:00 h.   O ESTEO F.S. BENXAMÍN – S.D.C. e R. NARÓN O FREIXO “A”

6ª Xornada Preferente Futgal

Ás 17:00 h.   PINTURAS CLX – O ESTEO F.S. – A.D.C.R SANTA MARIÑA | NEXO

Ás 18:15 h.   PRINK – O ESTEO F.S. – A.D. CODIMA – AMES SPORT

1ª Xornada Primeira Futgal Ferrol F.S.

Ás 19:30 h.   O ESTEO F.S. XUVENIL – S.D.C. e R. NARÓN O FREIXO “A”

 

Artigos relacionados

PATROCINADORES