Imaxe de Arquivo | O Esteo F.S.

Os ponteses buscarán sumar tres novos puntos para continuar nos postos altos da táboa clasificatoria

O conxunto pontés afrontará maña sábado, un novo compromiso ligueiro correspondente á oitava xornada da tempada 2026/2027, no que terá que desprazarse ata terras castelás para enfrontarse ao Caja Rural River Sala Zamora. O encontro disputarase a partir das sete do serán no Pavillón Ángel Nieto (Zamora).

O equipo que dirixe Iván López afronta unha nova saída nunha competición cada vez máis esixente, coa intención de ofrecer a súa mellor versión e competir polo triunfo nunha pista na que non será doado conseguir un resultado positivo.

O rival deste sábado chega a esta cita nos postos baixos da clasificación polo que terá a intención de facerse forte diante da súa afección e aproveitar o factor pista para sumar puntos. Pola súa banda, os de As Pontes deberán amosar unha boa organización defensiva, intensidade e concentración durante os corenta minutos, ademais de intentar sacar partido das súas opcións en ataque.

O encontro tamén supón unha nova oportunidade para O Esteo de seguir nos postos altos da táboa clasificatoria e medir a súa evolución ante un rival ao que xa se enfrontou en anteriores campañas e fronte ao que buscará un resultado diferente ao conseguido na súa última visita a Zamora.

Tras unha boa semana de adestramento, o técnico dos de As Pontes, Iván López, declaraba que “Sabemos que imos ter diante un rival moi compricado, especialmente na súa pista, onde seguro que vai intentar levar a iniciativa e poñernos as cousas moi dificiles. A pesar de estar nos postos baixos da clasificación O Caja Rural River Sala Zamora é un equipo competitivo, cun plantel moi bon formado por xogadores de moita calidade que poden marcar diferenzas, polo que teremos que estar moi concentrados desde o primeiro minuto”.

Continuaba expresando “Queremos aproveitar a boa dinámica coa que chegamos a este encontro para tentar seguir sumando de tres en tres sabendo que vamos a un pista moi compricada onde será fundamental manter a intensidade, estar sólidos en defensa e evitar erros que poidan darlle facilidades ao rival. Temos que competir cada balón, axudarnos uns aos outros e ser capaces de aproveitar as ocasións que teñamos”.

Por último sinalaba que “O equipo está traballando ben e viaxamos coa ilusión e gañas de facer un bo partido e traer algo positivo para As Pontes, sabendo que non será sinxelo”.

O encontro enfrontará a dous equipos que buscarán sumar tres puntos importantes nesta oitava xornada, nunha cita na que os de As Pontes tratarán de demostrar a súa capacidade competitiva lonxe da casa.

 

CATEGORÍAS BASE

Nova fin de semana e nova xornada para os equipos de base onde ao igual que o equipo senior xogaran todos a domicilio e onde destaca o derbi local da Preferente Infantil. De seguido os horarios e os lugares de xogo

Sábado día 7 de Novembro

9ª XORNADA PREFERENTE FUTGAL

Pavillon Municipal A Xunqueira (Fene)

  • Categoría Alevín

Ás 17:15 h.  C.M.I. UNIDADE DE FENE – PRINK – O ESTEO F.S.

  • Categoría Cadete

Ás 18:30 h.   UNIDADE DE FENE | SOOS MAQUINARIA – PINTURAS CLX – O ESTEO F.S.

Domingo día 8 de Novembro

4 ª XORNADA COPA PRIMEIRA FUTGAL

Pavillón do Ensanche (Ferrol)

Ás 13:00 h.   CARANZA FUTBOL SALA “B” – O ESTEO F.S. BENXAMÍN

Pavillón Municipal de A Gándara (Narón)

Ás 12:00 h.   CIDADE DE NARÓN “A” – O ESTEO F.S. ALEVÍN

Pavillón Campo da Serra (Narón)

Ás 20:00 h.   NARÓN FUTSAL – O ESTEO F.S. XUVENIL

9ª XORNADA PREFERENTE FUTGAL

Pavillon Polideportivo Municipal de A Fraga (As Pontes)

  • Categoría Infantil

Ás 19:00 h.    ENSINO LAGO SPORT – BAR JARDÍN- O ESTEO F.S.

Artigos relacionados

PATROCINADORES