Imaxe de arquivo | O Esteo F.S.

Os ponteses afrontan este sábado un dos encontros máis esixentes da tempada coa visita da ADC Lugo Sala, actual segundo clasificado da táboa, nun encontro correspondente á vixesimosexta xornada da Segunda División B que se disputará apartires das seis e cuarto da tarde no Pavillón Polideportivo Municipal da Fraga (As Pontes).

O conxunto pontés chega a esta cita nun momento compricado tras encadear cinco derrotas consecutivas, unha dinámica que o equipo busca cortar canto antes para non afastarse do obxectivo marcado para este final de tempada de disputar o play-off de ascenso. Coa liga entrando no seu tramo decisivo, ao cadro pontés quédanlle, contando este encontro, cinco auténticas finais nas que deberá sumar para manter vivas as súas opcións.

Enfronte estará un rival de enorme entidade como a ADC Lugo Sala, que está a protagonizar unha gran tempada e que chega ás Pontes situado na segunda posición da táboa, pelexando polos postos máis altos da clasificación. O conxunto lucense, que mezcla moi ben xuventude e veteranía entre os seus xogadores, destaca pola súa regularidade e polo seu potencial ofensivo polo que será unha dura proba para os locais.

O adestrador dos ponteses, Iván López, recoñeceu na previa a dificultade do encontro, pero tamén amosou confianza na reacción do equipo. “Sabemos que temos por diante un rival moi forte, que ven nunha dinámica moi boa, un equipo semiprofesional que adestra catro sesións á semana, pero tamén sabemos que xogamos na casa e diante da nosa xente e a motivación será máxima para tentar de cambiar a dinámica negativa que arrastramos”.

O técnico pontés tamén subliñou a importancia dos puntos en xogo neste tramo final da competición. “Quédannos cinco partidos para o remate da liga, cinco finais onde non podemos fallar mais, porque se queremos disputar o play-off de ascenso temos que empezar a sumar xa. O equipo ten capacidade para competir contra calquera rival da categoría e está traballando para conseguir darlle a volta á situación e gañar un partido o antes posible”.

Ademais, destacou que a clave estará en recuperar a solidez amosada noutras fases do campionato. “Temos que volver ser un equipo intenso, sólido en defensa e aproveitar as ocasións que teñamos. Sabemos que non vai ser doado, pero confiamos en facer un bo partido e brindarlle unha alegría á nosa afección”.

Así, o encontro deste sábado preséntase como unha auténtica final anticipada para os de As Pontes, que buscarán no Pavillón da Fraga un triunfo que lles permita recuperar sensacións para seguir soñando con disputar o play-off de ascenso.

O encontro da primeira volta disputado na cidade da muralla a ADC Lugo Sala faciase cunha cómoda vitoria por catro goles a cero onde os ponteses apenas inquedaron a portería rival.

Dende o clube fan un chamamento a afección para que acuda ao pavillón pontés a presenzar e animar aos seus neste importante encontro sabendo que as entradas para presenzar este choque poderanse adquirir anticipadamente a través da plataforma CLUBER (ligazón nas distintas publicacións do encontro nas redes sociais do club) cos seguintes prezos:

➡️ Socios: Gratis
➡️ Non socios maiores de 18 anos: 7 Euros
➡️ Non socios entre 14 e 18 anos: 3 Euros
➡️ Menores de 14 anos: Gratis
➡️ Pais,nais e nenos da escola do club: Gratis

 

CATEGORÍAS BASE

Ademais do equipo de 2ª División B o resto de categorías de O Esteo tamen disputaran os seus respectivos encontros como locais no Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga (As Pontes), agás o filial que disputará o derbi local da Primeira Futsal Senior como visitante ante o Fontanería Juve Lago Sport. Acontinuación expoñense as horas nas que se van disputar os encontros.

Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga (As Pontes)

  • Venres 27 de Marzo

22ª XORNADA DA PRIMEIRA FUTGAL F.S. SENIOR

Ás 20:50 h.  O ESTEO F.S. “B” – NARÓN FUTSAL

  • Sábado 28 de Marzo

 23ª XORNADA DA PRIMEIRA FUTGAL F.S. SENIOR

      Ás 20:00 h.  FONTANERÍA JUVE LAGO SPORT – O ESTEO F.S. “B”

  • Domingo 29 de Marzo

 7ª XORNADA DA PRIMEIRA FUTGAL F.S.

      Ás 11:30 h.  O ESTEO F.S. BENXAMÍN – NARÓN FUTSAL

12ª XORNADA DA PRIMEIRA FUTGAL F.S.

Ás 12:30 h.  O ESTEO F.S. CADETE – SDRC NARÓN O FREIXO «A»

26ª XORNADA DA PREFERENTE FUTGAL F.S.

      Ás 16:30 h.   O ESTEO F.S. INFANTIL – OS MEIGALLOS F.S.

Ás 19:00 h.   O ESTEO F.S. ALEVÍN “A” – ACD A PIRINGALLA-HUNO PELUQUEROS

10ª XORNADA DA PRIMEIRA FUTGAL F.S.

      Ás 17:45 h.    O ESTEO F.S. ALEVÍN “B” – CIDADE DE NARÓN “A”

 

 

 

 

 

 

 

Artigos relacionados

PATROCINADORES