Imaxe do encontro da pasada xornada ante o Deporcyl Guardo F.S. | Xose Ferreiro
Os de As Pontes tentaran de dar a sorpresa na súa visita a Pontevedra
Maña sábado, os ponteses desprazaranse a Pontevedra para disputar, ás cinco da tarde, no Pavillón Municipal de dita cidade, o encontro correspondente á undécima xornada de liga na Segunda División B, ante o Stellae Leis Pontevedra F.S.
Os xogadores dirixidos por Iván López tentaran de colleitar algo positivo neste encontro pero non o teran nada doado ante un equipo, o pontevedrés, que está a pelexar polos postos de ascenso a Segunda División ao igual que a tempada pasada.
Coa fusión que se levou a cabo este verán entre o Stellae Valga e o Leis Pontevedra formaron un equipo moi competitivo que mestura xogadores moi experimentados na categoría e en categorías superiores, incluso no extranxeiro, con xogadores xovenes de gran proxección, que marchan provisionalmente na terceira posición da táboa clasificatoria.
Como de costume, tra-lo derradeiro adestramento desta semana, o adestrador dos de As Pontes, opinaba sobre o encontro de maña sábado que “vamonos enfrontar a un dos mellores equipos da categoría, moi traballado tácticamente e que compite moi ben” continuaba expresando que “nos imos con moita ilusión e moitas gañas de dar ese paso que nos falta nos encontros fora da casa para ser un equipo mais forte” e remataba diciendo “Nunca sabes cal será o lugar para face-lo polo que viaxamos coa mente posta en conseguir os tres puntos ainda que sabemos que non vai a ser unha tarefa sinxela”.
Os xogadores ponteses deberán concenciarse en dar o cen por cen en cada acción, se queren conseguir un bo resultado neste encontro.
CATEGORÍAS BASE:
Nova fin de semana para as categorias de base de O Esteo, onde tódolos equipos disputaran os seus respectivos encontros na xornada dominical como a continuación se indica, agás o equipo filial que o fará o sábado e o equipo Alevín da Primeira Futgal que volve a ver como o seu grupo sufre o segundo parón da tempada.
Sábado día 23
– Pavillón Municipal Castelao II (Ordes)
9ª XORNADA LIGA PRIMEIRA FUTGAL SENIOR
Ás 18:00 h. JOGAFAN ORDES F.S. – O ESTEO F.S. “B”
Domingo día 24
– Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga (As Pontes)
10ª XORNADA LIGA PREFERENTE FUTGAL F.S.
Ás 11:00 h. O ESTEO F.S. ALEVIN “A” – ALTO DO VENTO F.S. – FINK ORFEBRES
Ás 12:30 h. O ESTEO F.S. INFANTIL “A” – ALTO DO VENTO F.S. – EIMA CAFÉ & COPAS
– Pavillón Monte Caxado (As Pontes)
9ª XORNADA LIGA PRIMEIRA FUTGAL
Ás 16:00 h. O ESTEO F.S. PREBENXAMIN – S.D.C. e R. NARON O FREIXO “A”
Ás 17:00 h. O ESTEO F.S. BENXAMIN – CARANZA FUTBOL SALA “C”
Ás 19:00 h. LAGO SPORT – LUJO CARLIN “B” – O ESTEO F.S. INFANTIL “B»
DESCANSAN os Alevíns “B”.
Artigos relacionados
PATROCINADORES