Os ponteses teñen na súa man a clasificación para vindeira edición da Copa do Rey

O Pavillón Polideportivo Municipal da Fraga (As Pontes) acollerá maña Xoves ás nove da noite o encontro adiantado á trixésima e derradeira xornada do campionato de liga na Segunda División B onde O Esteo F.S. recibe ao Concello de Begonte F.S. nun choque decisivo para os intereses dos ponteses.

Os de Iván López afrontan a cita có obxetivo claro de selar a súa clasificación para a vindeira edición da Copa de Rey. A ecuación é sinxela, xa que dependen de si mesmos para logralo, o que fai que o choque teña un aliciente mais para brindarlle un novo triunfo a súa afección.

Enfronte estará un Concello de Begonte F.S. que, malia ocupar a última posición na táboa, chega coa moral reforzada tras conseguir na pasada xornada os seus tres primeiros puntos da tempada. Un triunfo que pode servir como impulso anímico para un equipo que buscará dar a sorpresa na Fraga e pechar o curso con boas sensacións.

Pola súa banda, os xogadores ponteses confían en facer valer o factor cancha e no apoio do seu público para lograr unha vitoria que poñería o broche a unha gran tempada. A intensidade, a concentración e a xestión da presión serán chaves nun partido onde non hai marxe de erro.

O técnico de O Esteo, Ivan López, declaraba na previa deste derradeiro encontro de liga que “despois do tropezo o pasado sábado en Zamora, onde depois dunha primeira metade moi boa o resultado final foi un pouco abultado, baixo o meu punto de vista, toca olvidarse diso e pensar no rival de maña Xoves”. Tamen expresaba con relación ao encontro de maña que “tras unha semana curta de adestramentos o maior medo que podo ter quizais sexa a motivación ou o deixarse ir, porque parece que xa non nos xogamos nada pero xogamonos moito. Non é o mesmo quedar oitavos, o que sería un fracaso despois de facer unha tempada boisima, a quedar cuartos que é verdadeiramente o noso obxetivo”. “Tamen sabemos que dependemos de nós mesmos para lograr participar na Copa do Rey a vindeira tempada, loitaremos por elo e para darlle outra alegría á afección”.

Sobre o rival advertiu que “O Begonte vén de gañar o seu primeiro partido de liga, diante o Coruxo, e iso sempre reforza. Non podemos confiarnos pola clasificación, porque nesta categoría calquera che pode complicar as cousas se non estás ao cen por cen”.

Por último, fixo un chamamento á afección “Necesitamos á nosa xente. O pavillón de A Fraga ten que ser un fortín unha vez mais. Se estamos todos xuntos, teremos moito camiño percorrido para conseguir o obxetivo”.

No encontro da primeira volta da liga disputado no Pavillón Municipal de Baamonde o resultado final foi de 0 goles a 5 a favor dos ponteses onde estes amosaron a súa superioridade durante os cuarenta minutos.

Dende o clube súmanse ao chamamento do adestrador e animan a tódolos afeccionados á achegarse ao pavillón pontes para presenciar, dar folgos ao equipo e despedir a tempada como se merece, sabendo que o custe das entradas será o de sempre e que se poderan adquirir anticipadamente a través da plataforma CLUBER (ligazón nas distintas publicacións do encontro nas redes sociais do club) cos seguintes prezos:

ENTRADAS

➡️ Socios: Gratis
➡️ Non socios maiores de 18 anos: 7 Euros
➡️ Non socios entre 14 e 18 anos: 3 Euros
➡️ Menores de 14 anos: Gratis
➡️ Pais,nais e nenos da escola do club: Gratis

 

Artigos relacionados

PATROCINADORES