Imaxe do encontro da pasada xornada ante o I.E.S. Coruxo F.S. | Xose Ferreiro

Os ponteses tentaran certificar matemáticamente a pernamencia na categoria.

Maña domingo os de As Pontes desprazaranse ata localidade a palentina de Guardo para disputar, ás doce do mediodía, ante o Deporcyl Guardo F.S. o encontro correspondente á vixésimoquinta xornada de liga na Segunda División B.

A piques de encarar a recta final da tempada os ponteses afrontaran un dos desprazamentos mais longos e compricados do campionato onde trataran de darlle continuidade á vitoria conseguida o pasado sábado, no Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga, ante o conxunto olívico do IES Coruxo, e certificar definitivamente a permanencia na categoría de bronce do Futbol Sala nacional unha tempada mais.

A tarefa non será nada sinxela para o conxunto pontés, xa que se medirá a un equipo palentino, moi intenso e competitivo diante a súa afición, ainda que esta tempada está sendo moi irregular en canto a resultados, xa que está situado na undécima posición da táboa clasificatoria con trinta puntos, catro menos que os ponteses que son décimos con 34, cando a estas alturas de campionato o conxunto local debería estar chamado a pelexar polos postos mais altos da clasificación.

O entrenador dos ponteses, depois do derradeiro adestramento da semana, sinalaba que “o domingo temos un encontro compricado non só polo rival senon tamen polo longo desprazamento e a hora de celebración do encontro”. Tamen comentaba que “ainda que históricamente é unha pista que non se nos dá nada ben, viaxamos convencidos e ilusionados de sacar un resultado positivo para tentar selar definitivamente a permanencia”.

Ambos conxuntos pelexarán por facerse con tres puntos, có premio final de poder conseguir a permanencia na categoría, polo que se espera un encontro moi competido e igualado de principio fin.

No encontro da primeira volta da competición disputado no Pavillón pontés de A Fraga, os ponteses facianse coa vitoria por 6 goles a 5 no derradeiro minuto do choque.

CATEGORÍAS BASE

Tamen o vindeiro domingo á tarde só tres equipos da base disputaran os seus respectivos encontros, os equipos que participan na Primeira Futgal Ferrol non teñen competición, quedando distribuidos da seguinte maneira:

Domingo 16

  • 21ª XORNADA LIGA PRIMEIRA FUTGAL SENIOR

 Pavillón Municipal do Ventorrillo (A Coruña)

Ás 17:00 h.  NAUGA NÚÑEZ CORUÑA – O ESTEO F.S. “B”

  • 22ª XORNADA LIGA PREFERENTE FUTGAL

 Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga (As Pontes)

Ás 18:00 h.  O ESTEO F.S. ALEVÍN “A” – A.D. CODIMA – GRÁFICAS ESTEIRO

Ás 19:30 h.  O ESTEO F.S. INFANTIL “A” – A.D. CODIMA – AMES SPORT

  • DESCANSAN as categorías da Primeira Futgal Ferrol

Artigos relacionados

PATROCINADORES