CAMPUS ESTEO 2019

Xa leva varios días en marcha o período de inscripcións para o VII Campus de Futbol Sala O Esteo 2019.

Nesta nova edición igual que nas anteriores contaremos coa visita de adestradores, xogadores e árbitros. Haberá tamén charlas educativas e ademáis de Futbol Sala haberá outros deportes como natación, baloncesto etc… e como novidade este ano teremos padel surf e moito máis!!!

Dará comezo o 24 de Xuño e rematará o 27, catro días cargados de actividades en horario de 10 da mañá a 6 da tarde dirixidos a tódolos/as nenos/as entre 5 e 16 anos e os prezos serán:

Para nenos/as en xeral - 100€.

Para xogadores do club - 90€.

Para o segundo irmán – 80€.

Terceiro irmán – Gratis.

O prazo de inscripcións remata o Xoves día 13 deste mesmo mes de Xuño e para formalizar a solicitude de inscripción, debidamente cuberta, enviarase á seguinte dirección de correo electrónico esteofs@gmail.com ou entregarase na tenda de LECAR 712 no prazo establecido.

Para calquera dúbida chamar os teléfonos: 699 219 277 ou 687 831 106


<<<<<DESCARGA LA HOJA DE INSCRIPCIÓN>>>>>

Cartel esteo