Equipo Senior

O Esteo FS e Café Candelas O Parrulo B afrontarán este sábado un interesante derbi comarcal en As Pontes

​Ambos conxuntos buscaran unha vitoria que lles permita mirar a metas mais altas

Mañá sábado, ás cinco da tarde, os de As Pontes comezarán a segunda volta da competición recibindo no Pavillón do CEIP Monte Caxado ao Café Candelas O Parrulo B nun partido correspondente á décimo sexta xornada da liga na Segunda División. B.

Ponteses e Ferroláns volverán enfrontarse nun derbi comarcal que se presume intenso, emocionante e apaixante de principio a fin.

Os de As Pontes chegan a este encontro coa moral alta tras conseguir un merecido empate ante o todopoderoso Deporcyl Guardo F.S. a pasada xornada que tamén se disputaba en As Pontes, onde a falta de tres minutos o marcador reflectía un resultado adverso de 4-7 a favor dos palentinos, pero nun espectacular arreón final conseguirian rescatar un punto, que buscaran facer bó cunha vitoria no Derbi.

Os ponteses non o terán nada doado ante o conxunto departamental que chega a este encontro situado na cuarta posición da clasificación grazas en parte ás seis xornadas consecutivas que acumulan sen coñecer a derrota, polo que loitarán por seguir con esa boa dinámica de resultados no encontro de mañá sábado.

Os xogadores de O Esteo buscarán comezar con bo pé a segunda volta do campionato ante o conxunto ferrolán, sabedores de que para iso terán que realizar un partido moi serio e completo tanto a nivel ofensivo como defensivo, minimizando os erros ao máximo. ante un equipo formado na súa maioría por xogadores novos moi rápidos, hábiles no un contra un, con bo tiro entre os tres paus e moi perigosos, sobre todo nas xogadas de estratexia a balón parado. O que obrigará aos ponteses a non perder a concentración en ningún momento do encontro se queren sacar algo positivo do derbi comarcal.

Na xornada inaugural do campionato, alá polo mes de Setembro o Café Candelas O Parrulo B impúxose por 5-2 ao conxunto pontés, nun encontro ao que os de As Pontes chegaban sen apenas realizar pretemporada.

Para disputar este importante encontro, o o cadro pontés convocou a todolos seus xogadores aínda sabendo que algúns deles teñen pequenos problemas físicos, polo que serán dúbida ata o último momento, pero o club confía en poder formar parte do partido.

Dende o club fan un chamamento a toda a súa afección para que se achegue ao Pavillón do CEIP Monte Caxado para presenciar e animar ao equipo.

CATEGORÍAS BASE

Ademais do equipo senior, esta fin de semana, tódolos equipos de base de O Esteo disputarán os seus respectivos encontros como locais. Comezando maña sábado á mesma hora que o conxunto senior, os Alevíns de Liga Galega que reciben no Pabellón Municipal de As Somozas á S.D.C. y R. Narón O Freixo nun encontro correspondente á décimo cuarta xornada do grupo norte de dita liga. Mentras que o resto de categorías disputarán na tarde do domingo os seus respectivos encontros da décima xornada da 1ª Autonómica, comezando ás catro da tarde có derbi local que enfrontará ao Alevín B e ao Lujo Carlin Lago DVSport.

O Esteo FS e Café Candelas O Parrulo B afrontarán un interesante derbi comarcal en As Pontes

​Imaxe do encontro de ida | Adan Puentes