Equipo Senior

O Esteo cerra o seu ano visitando ao CD Juventud del Círculo

Os de As Pontes queren continuar coa bo dinámica de resultados a pesar das numerosas baixas coas que afrontaran este encontro

O Esteo afrontará mañá sábado a última viaxe longa do ano para enfrontarse ao C.D. Juventud del Círculo nun partido pertencente á última xornada do ano na Segunda División B e previsto para as seis da tarde no Polideportivo do Círculo (Burgos).

Despois de tres xornadas consecutivas sen coñecer a derrota (un empate e dúas vitorias), o conxunto de As Pontes tentará seguir coa boa dinámica de resultados e rematar o ano con bo sabor de boca ante o conxunto burgalés, que aínda que participan por primeira vez esta tempada no Grupo 1, non é novo na categoría xa que competiu ata esta tempada no Grupo 2 da Segunda División B.

O conxunto burgalés, que a pasada campaña tivo dificultades para manter a categoría, na presente tempada ocupou nas primeiras xornadas os primeiros postos da clasificación, pero actualmente ocupa a sétima posición con vinte puntos, a maioría logrados diante da súa afección. Conseguiron renovar a boa parte dos xogadores de tempadas anteriores, conformando así un bloque experimentado ao que incorporaron xogadores novos, o que os converte nun equipo moi físico, intenso e competitivo a tódolos niveis.

Os ponteses, mermados polas baixas, non renuncian a nada e saben que para contrarrestar todo isto terán que aplicarse ao 200 por cento tanto a nivel defensivo, onde non deben deixar pensar aos seus adversarios, ademais de estar moi concentrados minimizando erros na medida do posible, como ofensivamente rematando todas e cada unha das xogadas de ataque que teñan para tentar conseguir os tres puntos.

Os dous equipos chegan a este encontro despois de conseguir a vitoria na pasada xornada, polo que quererán seguir sumando para rematar o ano da mellor maneira posible e afrontar o novo ano con ilusións renovadas. Separados por catro puntos sendo o C.D. O Juventud sétimo con 20 puntos e os ponteses undécimos con 16, tamén a catro dos postos de descenso, polo que pase o que pase neste encontro o conxunto de As Pontes afrontará o descanso das vacacións de Nadal fóra destes postos algo impensable hai tan só tres xornadas.

A pesar de todo, espérase un partido moi igualado e disputado entre os dous equipos que buscarán os tres puntos para achegarse aos primeiros postos no caso do conxunto local e afastarse un pouco mais da zona de descenso no caso do Esteo.

Ademais das xa coñecidas baixas de Alberto, Guillan e Juan por lesión, hai que engadir a de Adrián por sanción, polo que os do As Pontes non descartan a posibilidade de completar a convocatoria con xogadores do xuvenil para afrontar este partido.

CATEGORÍAS BASE

Tan só duas categorías disputarán os seus encontros esta fin de semana. O sábado ás seis da tarde o equipo Alevín da Liga Galega enfrontaráse á Academia 5 Coruña F.S. onde se porá en xogo o liderato do Grupo Norte de dita liga. Quedando para o domingo os encontros de Liga Autonómica dos conxuntos Alevín B e Infantil, todos eles disputaranse en As Pontes.

O Esteo cerra o seu ano visitando ao CD Juventud del Círculo

​Imaxe do encontro da pasada xornada | Arquivo O Esteo F.S.