Equipo Senior

O Esteo busca unha necesaria vitoria ante o Leis Pontevedra

​Os de As Pontes queren os puntos para abrir distancia coa zona de descenso

O Esteo visita mañá sábado a sempre complicada pista do Leis Pontevedra F.S. nun encontro, correspondente á vixésimo terceira xornada da tempada no grupo 1 da Segunda División B, previsto para as cinco da tarde no Pavillón Monte Carrasco (Marcón – Pontevedra).

Os de As Pontes buscarán facer valer o punto conseguido a pasada xornada, ante o Segosala Segobus, cunha vitoria que lles servirá para evitar que os equipos que os preceden na clasificación se distancien máis e tamén evitar caer nos postos de descenso xa que ocupan a duodécima posición con vinte e dous puntos, os mesmos que o Sala Ourense, xa en descenso. Mentres que o Leis Pontevedra chega a este encontro situado na zona media da táboa con trinta e dous puntos tras un mal inicio de tempada.

O conxunto pontevedrés está formado maioritariamente por xogadores xóvenes e ao mesmo tempo experimentados na categoría que destacan por ser moi intensos tanto a nivel defensivo como ofensivo, teñen un bo xogo no un contra un así como un gran disparo exterior.

Os ponteses saben que terán que facer un encontro moi serio mantendo a concentración en todo momento empregandose a fondo, sobre todo en defensa, xa que están encaixando goles con moita facilidade, sendo moi intensos a nivel defensivo sen deixar espazos para non evitar que pensen os contrarios e ademais de ter coidado coas xogadas de estratéxia a balón parado.

No encontro da primeira volta disputado no pavillón pontés do CEIP Monte Caxado o Leis Pontevedra fixose coa vitoria por 3 goles a 5 que despois de acabar o primeiro tempo cun claro (0-3) ao seu favor, os ponteses lograba neutralizar esa ventaxa mediado o segundo tempo pero ao final os puntos marcharían para Pontevedra.

Para a disputa deste encontro, os de As Pontes teñen ás baixas de Ayalita que xa non participou no encontro da pasada xornada por lesión e Paulo por problemas físicos polo que o corpo técnico decidiu convocar ao xogador do equipo xuvenil Sergio Cabarcos.

CATEGORIAS BASE

Nova xornada para os equipos de base do clube onde tódalas categorías disputarán os seus respectivos encontros a domicilio agás o conxunto Benxamín que o fará como local no Pavillón do CEIP Monte Caxado de As Pontes na maña do domingo.

O Esteo busca unha necesaria vitoria ante o Leis Pontevedra

Imaxe do encontro da pasada xornada | Arquivo O Esteo F.S.