Equipo Senior

O Esteo comeza o 2024 recibindo maña ao C.D. Unión Arroyo F.S.

​Os ponteses queren comezar o ano con bo pé

Tra-lo paron das Festas do Nadal, O Esteo F.S. volve á competición para disputar o encontro correspondente á derradeira xornada da primeira volta ante o conxunto vallisoletano do C.D. Unión Arroyo F.S., programado para as cinco e media da tarde de maña sábado no Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga (As Pontes)

Difícil compromiso para o equipo pontes, ante un conxunto, o arroyano, que visitará As Pontes coa intención de sumar os tres puntos para alonxarse da zona de descenso. Mentras que os ponteses confían en comezar o ano cunha vitoria que lles permita cambiar a dinámica e afrontar vindeiros compromisos con outra perspectiva.

Os xogadores que dirixe Nino García, necesitan facer do seu feudo un fortín, dende o primeiro encontro do ano, polo que deben facer valer o factor cancha para conseguir sumar os tres puntos e acercarse pouco a pouco ao seu obxectivo de salvar a categoría.

O C.D. Unión Arroyo, leva varias tempadas sen facer apenas incorporacións a o seu plantel, logrando así reter á maioría de xogadores de tempadas anteriores formando un conxunto moi competitivo e intenso a tódolos niveis. Os ponteses terán que empregarse a fondo, estar moi concentrados en defensa e acertados en ataque, finalizando todas e cada unha das xogadas para evitar os contragolpes do conxunto arroyano, se queren sacar o encontro adiante.

Ámbolos dous conxuntos loitaran por un mesmo obxectivo, que non é outro que facerse cós tres puntos, polo que se espera un encontro moi igualado e competido de principio a fin.


CATEGORÍAS BASE

O vindeiro Domingo, os equipos de base do Esteo F.S. que disputan a Liga Autonómica, voltan á competición recuperando os encontros correspondentes á 3ª xornada aprazada no seu día polo temporal, agás os Alevíns B que non teñen competición. Mentras, os equipos de Liga Galega inician a segunda volta do campionato.

Tódolos encontros disputaranse no Pavillón Polideportivo Municipal de As Pontes nos seguintes horarios:

XORNADA LIGA 1ª AUTONÓMICA FERROL FUTBOL SALA

- Ás 10:00 h. O ESTEO F.S. BENXAMIN “A” – S.D.R. e C. NARÓN O FREIXO “A”

- Ás 16:00 h. O ESTEO F.S. BENXAMIN “B” – CARANZA FUTBOL SALA

- Ás 16:55 h. O ESTEO F.S. INFANTIL “B” – CARANZA FUTBOL SALA BARBERÍA FORAJIDOS “B”

- Ás 17:50 h. O ESTEO F.S. XUVENIL – CARANZA FUTBOL SALA PELUQUERÍA VICTOR

14º XORNADA LIGA GALEGA FERROL FUTBOL SALA

- Ás 11:30 h. O ESTEO F.S. INFANTIL “A” – TROULA BETANZOS F.S.

- Ás 13:00 h. O ESTEO F.S. ALEVÍN “A” – TROULA BETANZOS F.S.


14º
XORNADA LIGA GALEGA FERROL FUTBOL SALA

Ás 11:30 h. O ESTEO F.S. INFANTIL “A” – TROULA BETANZOS
F.S.

Ás 13:00 h. O ESTEO F.S. ALEVÍN “A” – TROULA BETANZOS
F.S.

O Esteo comeza o 2024 recibindo maña ao C.D. Unión Arroyo F.S.

​Imaxe de arquivo | O Esteo F.S.