Equipo Senior

O Esteo F.S. buscará unha nova vitoria como local na 5ª xornada, recibindo ao Leis Pontevedra F.S.

​Os ponteses tetaran facerse con tres puntos importantes diante dos seus siareiros

Maña sábado ás 17:30 h., no Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga, O Esteo F.S. recibe a visita do Leis Pontevedra F.S. no encontro correspondente á quinta xornada de liga na Segunda División B.

Os Ponteses, tentaran voltar á senda do triunfo, logo da ampla derrota colleitada o pasado sábado. Nesta xornada visita o pavillón pontés, un clásico da categoría como é o Leis Pontevedra F.S. que ainda non sabe o que é puntuar neste inicio de campionato. Un equipo que, pese a cambiar case todo o plantel con referencia á tempada anterior, segue a mesturar xogadores experimentados na categoría e no extranxeiro, con xogadores xovenes de gran proxección.

Dende o clube facemos un chamamento á afeción, para que acuda ao Pavillón pontés a apoiar ao seu equipo e aportar ese ánimo extra ao mesmo neste importante encontro.

Tódolas persoas que queiran facerse socias do clube, poderan facelo na mesma entrada do pavillón, antes do comezo do encontro.

CATEGORÍAS BASE

OS INTANTÍS E OS ALEVÍNS ENFRONTANSE A DIFERENTES RIVAIS NESTA XORNADA

Na tarde do domingo, os nosos Infantís e Alevíns disputaran os encontros correspondentes á quinta Xornada do Grupo 1 na Liga Galega ante rivais diferentes por primeira vez na tempada.

Os Infantís, farano ás 17:00 h. no Pavillón Municipal de Baamonde (Begonte – Lugo) ante o Concello de Begonte F.S., mentras que ás 18:15 h. será a quenda dos Alevíns que se medirán á S.D.C. e R. Narón O Freixo no Pavillón Municipal de As Lagoas (Narón).

O Esteo F.S. buscará unha nova vitoria como local na 5ª xornada, recibindo ao Leis Pontevedra F.S.

​Imaxe de Arquivo | O Esteo F.S.