Equipo Senior

O Esteo pecha este sábado o seu 2023 en Mieres

Os ponteses tentaran despedir o ano sumando os tres puntos en terras asturianas

Maña Sábado, os de As Pontes desprazaránse ata a veciña Asturias para disputar, ás seis e media da tarde no Pavillón Polideportivo Mieres Sur, ante o Racing de Mieres o encontro correspondente á décimo cuarta xornada da tempada na Segunda División B.

Derradeiro encontro do ano para os ponteses, onde tentaran dar continuidade á melloría amosada nas últimas xornadas e loitar polos tres puntos ante un conxunto, o asturiano, moi combativo como local.

O Racing de Mieres campión do grupo asturiano da terceira división na tempada pasada, ao igual que a maioría de conxuntos da categoría, está formado por unha mestura de xovenes xogadores e veteráns que seguro esixirán aos xogadores ponteses empregarse ao cen por cen.

Os xogadores que dirixe Nino García, que esta semana disputaron un esixente e intenso encontro de adestramento coa Selección Galega Sub-19, saben da importancia vital deste choque, xa que ambos equipos están separados por tan só un punto de diferencia na táboa clasificatoria. Unha motivación extra para os de As Pontes que teran que realizar un encontro moi intenso e serio tanto a nivel defensivo como ofensivo e tratar de minimizar os erros para tentar sumar tres puntos importantes.

O Esteo pecha este sábado o seu 2023 en Mieres

​Imaxe do encontro de adestramento ante a Selección Galega Sub-19| Cortesía de Xose Ferreiro