Equipo Senior

Derrota de O Esteo na súa visita ao Unionistas de Salamanca F.S.

A falta de concentración en momentos puntuais condicionou aos de As Pontes

O pasado sábado O Esteo colleitou a súa terceira derrota da tempada na súa visita ao Unionistas de Salamanca nun encontro que, a pesar de adiantarse dúas veces nos primeiros dez minutos de partido, acabaría perdendo por oito goles a catro.

Os ponteses comezaron o encontro, a diferenza dos anteriores, moi enchufados e súas foron as primeiras ocasións de gol ata que no minuto tres adiantáronse no marcador grazas a un saque de esquina que aproveitou Jandro para poñer o (0-1), cun forte disparo cruzado. Este gol parecía espertar aos locais que comezaron a chegar con certo perigo á meta defendida por Juan ata que no minuto seis empataron a contenda cun disparo dende fóra da área.

Co marcador igualado, os dous equipos tiveron varias ocasións para desequilibrar a balanza ao seu favor, pero serían os de As Pontes os que volverían a poñerse por diante grazas a Jandro que conseguiu roubar o balón en media pista contraria e quedarse só diante do porteiro ao que bateu cun forte disparo dende o borde da área (1-2).

Pero a alegría do As Pontes non duraría moito porque tan só un minuto despois un xogador local, nunha magnífica xogada de pericia, pegado á banda conseguiu regatear a tres xogadores ponteses e plantarse á beira da área para bater a Juan e volver poñer o empate no electrónico (2-2).

O encontro volveu estar igualado ata que o conxunto local conseguiu aproveitar unha pequena desconexión que sufriron os ponteses nesta primeira parte do encontro para marcar dous tantos máis e poñer o marcador ao seu favor con (4-2) no minuto dezaseis.

A falta dun minuto para o final deste primeiro período, Héctor conseguiu recortar diferenzas no electrónico aproveitando un saque de banda curto de Alberto para axustar o seu disparo ao seegundo pao e poñer un esperanzador (4-3) no marcador. E cando todo parecía indicar que o primeiro acto remataría así, un gol do conxunto local volveu poñerlos con dous goles de vantaxe antes do descanso (5-3).

O segundo período comezou cos ponteses intentando recortar diferenzas, arriscando o xogo de cinco dende o inicio, pero sen moita claridade nos últimos metros, ata que no minuto tres deste período un roubo de balón a un xogador local provocou unha rápida transición por banda que acabou rematando un compañeiro ao segundo pau para poñer o (6-3) no marcador.

O conxunto pontés seguiu intentándoo co xogo de cinco e tras un saque de esquina Héctor, que comezara como porteiro xogador, chegou dende atrás para recibir en curto e enviar o balón ao fondo da portería local, colocando así un esperanzador ( 6-4) no electrónico a falta de catorce minutos para o final do partido.

Nesta fase do partido, o xogo, por momentos, estaba sendo moi trabado e os dous equipos víronse cargados de faltas ata que o conxunto local cometeu o sexta, dando así a posibilidade aos ponteses de achegarse no marcador cun disparo desde dez metros, pero o forte disparo de Alberto foi repelido polo pau. Os salmantinos aproveitarían un erro nun saque de banda dos de As Pontes e un roubo de balón para poñer un claro (8-4) no electrónico.

Aínda faltaban seis minutos para o final do encontro e os xogadores do Esteo non se rendiron e seguiron arriscando co xogo de cinco pero non foron quen de superar a defensa do conxunto salmantino e estes tampouco foron capaces de aproveitar a ausencia do porteiro para aumentar as diferenzas, polo que o marcador xa non sufriría máis cambios, sendo definitivo o (8-4).

Con este resultado, os de As Pontes baixan ata a undécima posición da clasificación provisional do campionato con seis puntos, á espera de recibir o próximo fin de semana ao Grupo Forma-T Vilalba F.S. no derbi de proximidade correspondente á sexta xornada de liga en Segunda División B.

FICHA TÉCNICA

Unionistas do Salamanca F.S.: Alonso, Calleja, Morales, Cristian e Sergio Hernández; Tamén xogaron Ángel, Moreiro, Yayo, Dani, Prieto e Víctor.

O Esteo F.S.: Juan, Héctor, Alberto, Troncho e Jandro; Tamén xogaron Jhony, Adrián e Guillan.

Árbitros: David Franco Martínez, Rubén Pascual Martínez xunto con Alberto Marcos Sánchez como árbitro asistente. Amosaron cartóns amarelos aos locais Sergio Hernández, Dani e Calleja. Por parte do Esteo amosou cartón amarelo a Adrián e Jandro.

Goles: 0-1 Jandro min. 3; 1-1 Anxo min. 6; 1-2 Jandro min. 11; 2-2 Calleja min. 12; 3-2 Daniel min. 15; 4-2 Morales min. 16; 4-3 Héctor min. 19; 5-3 Sergio Hernández min. 20; 6-3 Sergio Hernández min. 23; 6-4 Héctor min. 26; 7-4 Cristian min. 30; 8-4 Sergio Hernández min. 34.

CATEGORÍAS BASE

Polo contrario, o conxunto Alevín goleaba ao Cub del Mar San Amaro por 3 goles 12 no encontro correspondente á quinta xornada do Grupo Norte da Liga Galega disputado tamen na tarde deste pasado sábado no Pavillón do Club de San Amaro en A Coruña.

Derrota de O Esteo na súa visita ao Unionistas de Salamanca F.S.

​Imaxe de arquivo | O Esteo F.S.