Equipo Senior

O Esteo F.S. visita ao C.D. Unión Arroyo na derradeira xornada desta tempada

Xa salvados, os de As Pontes tentaran rematar a tempada da mellor maneira posible

Os ponteses poñen fin a tempada co desprazamento maña sábabo, ata a localidade vallisoletana de Arroyo de la Encomienda para disputar ás seis da tarde o encontro correspondente á trixésima e derradeira xornada da tempada, na Segunda División B, ante o conxunto locatario do C.D. Unión Arroyo F.S.

O conxunto pontés, afronta este compromiso sen presión de ningún tipo, xa que conseguiu a permanencia na categoría a pasada xornada, grazas a súa vitoria ante o Racing de Mieres e a axuda dos resultados dos equipos que tamen estan a loitar pola salvación.

Os Arroyanos, teñen opcións de salvar a categoría pero non depende de sí mesmo para logra-la, xa que terán que estar pendentes do que faga, o outro equipo envolto en eludir o descenso, o Café Candelas O Parrulo “B” que rende visita ao Lugo Sala, líder e campión da liga.

Os xogadores ponteses queren rematar a tempada da mellor maneira posible, tratando de conseguir tres novos puntos pero non o teran nada doado, ante un conxunto que se xoga a continuación na Segunda División B a vindeira tempada.

O C.D. Unión Arroyo, logrou reter á maioría de xogadores de tempadas anteriores formando un conxunto moi competitivo e intenso a tódolos niveis, sobre todo diante dos seus siareros. Os ponteses, terán que empregarse a fondo, estar moi concentrados en defensa e acertados en ataque, finalizando todas e cada unha das xogadas para evitar os contragolpes do conxunto arroyano, se queren facerse cos derradeiros puntos da tempada e sacar o encontro adiante.

Ámbolos dous equipos loitaran por un mesmo obxectivo, que non é outro que facerse cós tres puntos, polo que se espera un encontro moi igualado e competido de principio a fin como o da primeira volta disputado no Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga en As Pontes.

CATEGORÍAS BASE

Os equipos de base continuan disputando as distintas competicións de Copa

Hoxe venres, os Xuvenís disputaran a semifinal de Copa da 1ª Autonómica Ferrol, no Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga e o vindeiro Domingo, tamen como locais pero no Pavillón do Complexo Deportivo Municipal Manuel Candocia de As Somozas os Alevíns “A” xogaran os oitavos de final da Copa Galicia. Os Alevins B e os Infantis B disputaran ás semifinais de Copa da 1ª Autonómica pero estes farano a domicilio.

A continuación os lugares e horarios dos encontros.

Venres día 10 de Maio

- Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga (As Pontes)

SEMIFINAIS DA COPA DA 1ª AUTONÓMICA FERROL FUTBOL SALA

- Ás 20:00 h. O ESTEO F.S. XUVENIL – CARANZA F.S. PELUQUERÍA VICTOR

Domingo día 12 de Maio

- Pavillón Complexo Deportivo Municipal Manuel Candocia (As Somozas)

OITAVOS DE FINAL DA COPA GALICIA FUTBOL SALA

- Ás 11:30 h. O ESTEO F.S. ALEVÍN “A” - CAFETERÍA MONTERREY O PARRULO “A”

SEMIFINAIS DE COPA DA 1ª AUTONÓMICA FERROL FUTBOL SALA

- Pavillón Municipal de As Lagoas (Narón)

- Ás 17:00 h. S.D.R. e C. NARON O FREIXO “B” – O ESTEO INFANTIL “B”

- Pavillón Polideportivo Municipal A Xunqueira (Fene)

- Ás 19:15 h. SOS MAQUINARIA C.M.I. UNIDADE DE FENE F.S. – O ESTEO F.S. ALEVÍN “B”

O Esteo F.S. visita ao C.D. Unión Arroyo na derradeira xornada desta tempada

​Imaxe de arquivo | O Esteo F.S.