Equipo Senior

Duelo de altura na Segunda División B entre O Esteo F.S. e Grupo Forma-T Vilalba F.S.

Os de As Pontes buscaran a victoria para abrir distancias coa zona baixa da táboa

O vindeiro domingo ás doce do mediodía os de As Pontes recibirán no Pavillón do CEIP Monte Caxado aos seus veciños do Grupo Format Vilalba F.S. no derbi de proximidade correspondente á sexta xornada desta tempada na Segunda División B.
Ponteses e Vilalbeses volverán enfrontarse na mesma categoría case dez tempadas despois do último enfrontamento entre ambos na Terceira División e aínda que os dous equipos non se parecen en nada aos de antano, a rivalidade segue intacta.
O FormaT Vilalba F.S. que está a ter un bo inicio de tempada, situado na segunda posición da táboa clasificatoria con doce puntos, o dobre que o conxunto pontés, conseguiu manter a gran maioría dos xogadores que lograron o ascenso a Segunda División B e as escasas incorporacións. adaptáronse ben ao estilo de xogo do equipo chairego.
Os vilalbeses son un equipo moi rocoso e peleón formado por xogadores con ampla experiencia na categoría e en categorías superiores mesturados con xogadores novos que os converten nun conxunto moi intenso e competitivo a tódolos niveis.
Os xogadores do Esteo tentarán volver á senda do triunfo tras tres derrotas consecutivas (dúas en liga e unha na Copa Galega) e para iso saben que terán que mellorar en defensa, ser máis intensos desde o minuto un do partido, defendendo moi de preto aos adversarios para non deixarlles pensar e seguir estando acertados en ataque para así poder conseguir a vitoria.
Os dous equipos pelexarán por conseguir tres novos puntos que no caso dos ponteses parecen máis necesarios xa que todo o que non sexa puntuar neste encontro e
en función dos demais resultados da xornada podería caer a postos de descenso.
Os de As Pontes teñen a tódolos seus xogadores dispoñibles para a disputa deste encontro, unha vez que Cokito cumpriu a súa sanción de partido que lle impediu participar no encontro da última xornada ante o Unionistas de Salamanca F.S.
Dende o club fan un chamamento á afección pontesa para que acuda a presenciar e animar ao equipo neste importante partido, dando preferencia aos socios, sabendo que o aforo do Pavillón do CEIP Monte Caxado é limitado.
CATEGORÍAS DE BASE
Por outra banda, mentres que o conxunto alevín buscará seguir co seu exitoso inicio de tempada, onde aínda non coñece a derrota, ante o A.J. Pombo Hércules F.S. o resto de equipos da Escola do Esteo comezarán o domingo a competición nas súas respectivas categorías da Primeira Autonómica de Ferrol e onde tódolos encontros se disputarán en As Pontes.

Duelo de altura na Segunda División B entre O Esteo F.S. e Grupo Forma-T Vilalba F.S.

​Imaxe de Arquivo | O Esteo F.S.