Equipo Senior

O Esteo busca a súa segunda vitoria da tempada ante o Sala Ourense

Os de As Pontes queren seguir sumando neste inicio de campionato

O Esteo visitará mañá sábado ao sempre complicado Sala Ourense nun partido correspondente á terceira xornada desta tempada na Segunda División B e previsto para as catro e media da tarde no Palacio dos Deportes Paco Paz do capital de Ourensá.

Os de As Pontes queren facer boa a vitoria da pasada xornada ante o C.D. Unión Arroyo e así seguir sumando neste inicio de tempada ante un equipo, o Sala Ourense, que chega a este encontro tras lograr a vitoria na difícil pista do Segosala Segobus por un rotundo 0 goles a 4.

Cunha bagaxe semellante dunha derrota e unha vitoria nas dúas primeiras xornadas de competición, ambos os equipos loitarán por conseguir tres novos puntos nun encontro que parece que sexa moi igualado e disputado de principio a fin.

O equipo ourensán, formado na súa maioría por xogadores moi experimentados na categoría, basea o seu xogo nunha rápida circulación do balón en ataque, destacando tamén as súas individualidades no un contra un, sobre todo e banda, e moi intenso a nivel defensivo. É un equipo moi competitivo que non lle perde a cara ao partido ata que este remata.

Os xogadores de O Esteo, que xa padeceron a competitividade do equipo rival a pasada tempada, saben que terán que xogar con moita intensidade defensiva, marcando de preto aos seus adversarios, polo que terán que saltar moi concentrados á pista do Paco Paz dende o minuto un de encontro e rematar todas as xogadas de ataque ante un equipo que conseguiu reter a gran parte do plantel de xogadores de tempadas anteriores mesturando veteranía e xuventude que levan moitas tempadas xogando xuntos polo que se coñecen á perfeción.

Para a disputa deste encontro os de As Pontes non poderán contar có sancionado Cokito, pero si con Guillan que, aínda con molestias, entra na convocatoria por primeira vez esta tempada.

CATEGORÍAS BASE

Por outra banda, o conxunto Alevín tras o seu bon inicio de tempada na Liga Galega Grupo Norte, buscará a súa terceira vitoria consecutiva na visita ao conxunto coruñes do Transricard Distrito Ventorrillo en un encuentro también programado para mañana Sábado a las cinco de la tarde en el Pabellón Municipal del Ventorrillo (A Coruña).

O Esteo busca a súa segunda vitoria da tempada ante o Sala Ourense

Imaxe de Arquivo | O Esteo F.S.