Equipo Senior

O Esteo busca continuar coa boa dinámica ante o CD Lugo Sala

Os de As Pontes queren os tres puntos ante os líderes da categoría

O domingo ás doce do mediodía os ponteses reciben no Pavillón do CEIP Monte Caxado ao conxunto lucense do C.D. Lugo Sala, líder da clasificación provisional do campionato xa que é o único equipo que foi capaz de gañar nas tres xornadas disputadas ata o momento.

Segundo encontro da tempada ante a súa afección para os xogadores do Esteo, no que se afrontaran un difícil compromiso ante o equipo que gañou o grupo galego da Terceira División a pasada tempada e un dos firmes candidatos a conquistar o título de liga e acadar ascenso a Segunda División.

O equipo lucense, recentemente ascendido á categoría, está formado maioritariamente por xogadores con moita experiencia en primeira e segunda división, así como por xovenes jugadores moi rápidos como Bruno, xogador pontés que pasou polas filas de O Esteo fai dúas tempadas.

Os de As Pontes que neste inicio de tempada están a ver porta con relativa facilidade, non en balde son o equipo mais goleador, tentarán prolongar a súa boa dinámica e sumar tres novos puntos para seguir nas primeiras posicións da clasificación, pero non o terán nada doado ante un equipo moi competitivo, que aproveita os momentos de debilidade dos seus adversarios para distanciarse do marcador, polo que os ponteses terán que manter a concentración durante todo o encontro se queren sacar algo positivo deste partido.

Nun principio e salvo algunha baixa de última hora, para a disputa deste encontro, os de As Pontes teñen a todólos seus xogadores dispoñebles una vez Guillan está totalmente recuperado dos fíicos que lle impediron participar nas tres xornadas anteriores.

Estes dous equipos volverán enfrontarse o vindeiro mércores 12 de outubro no Pavillón Municipal de Lugo para disputar o partido da terceira eliminatoria da Copa Galicia nunha hora aínda por determinar.

CATEGORIAS BASE

Por outra banda, o conxunto alevín, que conta os seus partidos por vitorias neste inicio de tempada, disputará mañá sábado ás sete da tarde, tamén no Pavillón do CEIP Monte Caxado, o partido correspondente á cuarta xornada do Grupo Norte da Liga Galega ante Os Meigallos F.S. de Sarria.

O Esteo busca continuar coa boa dinámica ante o CD Lugo Sala

​Imaxe de Arquivo | O Esteo F.S.