Equipo Senior

O Esteo estrease con vitoria no Pavillon do CEIP Monte Caxado

Os de As Pontes consiguieron a primeira vitoria da tempada diante dos seus

O pasado domingo e despois de toda unha tempada no exilio, o Esteo volveu a disputar un partido oficial como local en As Pontes onde recibiu ao C.D. Unión Arroyo.

O conxunto pontés, que chegou a este encontro tras caer derrotado no derbi local da primeira xornada ante o Café Candelas O Parrulo B, debutou no Pavillón do CEIP Monte Caxado cunha contundente vitoria ante o conxunto arroyano por 8 goles a 4, curiosamente, co mesmo resultado que na campaña anterior.

O partido comezou cos dous equipos tentando facerse coa posesión do balón. O primeiro en avisar das súas intencións sería o equipo visitante con varios tiros lonxanos que fixeron traballar moito ao porteiro local Juan, pero en cambio sería o Esteo o que se adiantaba no marcador no minuto tres cun forte disparo de Jandro que un defensa desviaba e o balón remataba dentro da portería visitante, subindo así o (1-0) no marcador.

Lonxe de acougarse cando se viron por diante no electrónico, os ponteses continuaron na pista con certo nerviosismo, que o conxunto arroyano aproveitou para facerse co control do partido e seguir asediando a portería local con disparos lonxanos, ata conseguir igualar o marcador no minuto seis (1-1), precisamente nun deses tiros cruzados.

Só dous minutos despois, no minuto oito, outro gol en propia propia dos arroyanos ao intentar despexar o balón tras outro potente disparo de Jandro poñería de novo en vantaxe aos ponteses (2-1). Pero a alegría dos locais non duraría moito porque apenas un minuto despois os visitantes empataron de novo o partido aproveitando unha indecisión entre o porteiro e un xogador local para marcar a portería baleira (2-2).

Os dous equipos non se daban tregua tras o intercambio de ataques continuos, Jhony era arroyado, cando encaraba portería, fóra da área polo porteiro visitante, o que provocou a súa expulsión e para o que o conxunto arroyano non tiña substituto. Polo que terían que xogar case trinta minutos cun xogador facendo de porteiro.

Os de As Pontes non puideron aproveitar os dous minutos en superioridade numérica que terían en parte grazas á defensa que estaban a realizar os visitantes e en parte pola precipitación coa que afrontaron estes dous minutos os ponteses.

Nos últimos cinco minutos da primeira parte a intensidade do encontro foi aumentando e habería dúas expulsións, unha para cada equipo. Primeiro foi Cokito quen viu o cartón vermello tras roubarlle limpamente o balón a un rival, pero os árbitros interpretaron que o derrubaba con forza excesiva e na mesma xogada un xogador visitante viu o seu segundo cartón amarelo por reiteradas protestas e foi tamén expulsado provocando así un surrealista tres para tres.

O Esteo aproveitou esta situación para volver porse por diante no marcador a falta de pouco máis de dous minutos para o final do primeiro período cando Héctor recibiu un balón no medio da pista e marcou a portería baleira (3-2) co que os dous equipos retiráronse aos vestiarios.

Na reanudación, os xogadores do Esteo non quixeron verse sorprendidos polos seus rivais e tras os primeiros minutos de igualdade na pista, os ponteses foron pouco a pouco distanciándose no marcador, dous goles practicamente seguidos, obra de Jandro e Troncho tras dous remates dende o borde da área poñian un claro (5-2) no marcador.

Os visitantes non se rendiron e froito da presión que exerceron á saída do balón dos ponteses conseguiron recortar diferenzas, grazas a un erro de pase entre dous xogadores locais (5-3). Pero na seguinte xogada de ataque, Troncho encargouse de repoñer as cousas có (6-3).

O cadro arroyano non tivo máis remedio que arriscar co xogo de cinco a falta de pouco máis de dez minutos para o final do partido e practicamente na primeira xogada de ataque Adrián roubou un balón e marcou a portería baleira (7- 3) no minuto trinta e un. Só dous minutos despois, tras un erro na marca dun defensa local, os visitantes viron de novo porta (7-4).

Aínda quedaban sete minutos para o encontro pero entre as imprecisións en ataque dos visitantes e a defensa posta polos ponteses non permitiron cambiar o marcador. Nos últimos tres minutos produciríase o relevo na portería pontesa por un golpe fortuíto que recibiu Juan que lle impediu seguir xogando, polo que entrou en escena Marcos Failde, que apenas tería que intervir nun par de accións. A falta dun minuto para rematar o encontro, Adrián fíxose co balón dentro da súa propia área e dende aí marcou a porta baleira o (8-4) final.

Con este resultado, o conxunto das Pontes sitúase sexto na clasificación, á espera de visitar o vindeiro sábado o Sala Ourense na terceira xornada da tempada.

FICHA TÉCNICA

O Esteo F.S.: Juan, Eloy, Héctor, Troncho e Jandro; Tamén xogaron Jhony, Cokito, Adrian e Marcos Failde.

CD. Unión Arroyo: Josu, Adri, Balle, Óscar e Cristo; Tamén xogaron Miguel, Dani Caballero, Ofa, Diego e Javi.

Árbitros: Pablo Coello Martínez, Iria De Luís Iglesia xunto con Andrea De Luís Iglesia como árbitro asistente (Comité Galego). Amosaron cartón amarelo ao xogador do Esteo Jhony e aos visitantes Cristo e Óscar. Expulsaron con vermella directa ao xogador local Cokito e con dobre amarela ao visitante Balle.

Goles: 1-0 Dani Colorado (Gol en propia casa) min. 3; 1-1 Michael min. 6; 2-1 Miguel (Porta Propia) min 8; 2-2 Cristo min. 9; 3-2 Héctor min. 19; 4-2 Jandro min. 24; 5-2 Tronco min. 25; 6-2 Tronco min. 26; 6-3 Ofa min. 27; 7-3 Adrián min. 31; 7-4 Ofa min. 33; 8-4 Adrián min. 39.

O Esteo estrease con vitoria no Pavillon do CEIP Monte Caxado

​Imaxe do encontro | Cortesía de Xose Ferreiro