Equipo Senior

O Esteo inicia unha a nova tempada viaxando ata Alba de Tormes

​Os ponteses comezan a súa décima tempada na Segunda División B lonxe da casa

Despois de case mes e medio de pretempada, esta fin de semana comeza a liga na Segunda División B e o primeiro equipo de O Esteo comeza a súa andaina, na que será a décima tempada consecutiva na categoría de bronce do Futbol Sala nacional, visitando, o domingo ás 13:00 horas, a compricada pista do Piensos Duran Albense.

Os de As Pontes arrancan o campionato cun dos desprazamentos mais longos da tempada, pero coa confianza de poder demostrar todo o aprendido nestas semanas intensas de preparación polo que tentaran conseguir algo positivo en terras salmantinas.

Diante terán a un Piensos Duran Albense que se reforzou moito e ben, con xogadores con gran experiencia na categoría e no extranxeiro. Pola súa contra os ponteses, que manteñen o groso do plantel de temporadas anteriores, tamen incorporaron xogadores con calidade contrastada.

Os enfrontamentos entre ponteses e salmantinos soen ser moi igualados, con moitas alternativas no marcador e moitos goles. Os dous encontros disputados a pasada tempada entre ambolos dous conxuntos son proba delo, moi competidos e emocionantes de principio a fin. No encontro da primiera volta disputado no Pavillón do CEIP Monte Caxado a vitoria foi para O Esteo (6-5) prácticamente sobre bocina. Tamen no choque da segunda volta, noutro apretado final, os ponteses lograban esta vez o empate (6-6). Todo isto fai esperar que o encontro de maña domingo vaia a ser moi intenso e competitivo entre dous equipos que buscan comezar a tempada da mellor maneira posible.

CATEGORÍAS BASE

Esta fin de semana tamen está de volta o Futbol Sala Galego poñendose en marcha de forma oficial o groso das competicións autonómicas. Os nosos Alevíns e Infantís comezaran hoxe sábado pola tarde a súa andadura no Grupo 1 da Liga Galega onde ambos conxuntos renderan visita ao Troula Betanzos F.S. Os Infantís debutaran ás 16:15 h. mentras que os faran o mesmo ás 17:45 h. ambolos dous encontros teran lugar no Pavillón Municipal de Betanzos.

O Esteo inicia unha nova tempada viaxando ata Alba de Tormes

​Imaxe do encontro da pasada tempada disputado en As Pontes | Arquivo O Esteo F.S.