Equipo Senior

Derbi comarcal entre o Café Candelas O Parrulo B e O Esteo F.S. o domingo á maña

Ambos conxuntos buscaran a victoria no derbi dende o inicio

Ás doce do mediodía, no Pavillón Municipal de A Malata, O Esteo F.S. e o Café Candelas O Parrulo B enfrontaranse nun derbi comarcal cós dos conxuntos situados na zona baixa da clasificación.

Tan só tres puntos separan a ferroláns e ponteses na táboa clasificatoria, polo que tentar sumar os tres puntos será o que teñan entre cella e cella os dous equipos, nun encontro que semella que será moi igualado, polo que unha vitoria devolverialles a confianza para afrontar vindeiros compromisos ligueros.

Na corta historia dos derbis entre o filial de O Parrulo e O Esteo a balanza é moi favorable aos de As Pontes, que gañaron catro dos seis enfrontamentos entre ambos conxuntos na 2ª División B, por un empate e unha vitoria dos ferroláns a acadada no encontro da primeira xornada da pasada tempada disputado, precisamente, no escenario deste domingo.

CATEGORÍAS BASE

A totalidade dos encontros da fin de semana, disputaranse na xornada do Domingo día 12, onde ai que destacar o derbi local na categoría Alevín entre o Peluquería JO Lago DVsport e O Esteo F.S. “B”.

9ª XORNADA - LIGA GALEGA DE FUTBOL SALA

ÁS 11:00 h. no Pavillón Polideportivo do Palomar (Lugo)

RIBEIRA F.S. – O ESTEO F.S. INFANTIL “A”

Ás 12:30 h. no Pavillón Polideportivo do Palomar (Lugo)

RIBEIRA F.S. – O ESTEO F.S. ALEVIN “A”

4º XORNADA LIGA 1ª AUTONÓMICA FERROL FUTBOL SALA

Ás 10:00 h. no Pavillón de As Lagoas (Narón)

S.D.C. e R. NARÓN O FREIXO “B” – O ESTEO F.S. INFANTIL “B”

Ás 10:45 h. no Pavillón Municipal A Casqueira (Pontedeume)

F.S. PONTEDEUME – O ESTEO F.S. XUVENIL

Ás 12:00 h. no Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga (As Pontes)

PELUQUERÍA JO LAGO DVSPORT – O ESTEO F.S. ALEVÍN “B”

Ás 12:00 h. no Pavillón Longoiro (Meirás)

C.D. ROSALÍA – O ESTEO F.S. BENXAMÍN “B”

Ás 17:30 h. no Pavillón Campo da Serra (Narón)

C.D. A SOLAINA “A” – O ESTEO F.S. BENXAMÍN “A”

Derbi comarcal entre o Café Candelas O Parrulo B e O Esteo F.S. o domingo á maña

Imaxe do encontro da pasada xornada | Arquivo O Esteo F.S.