Equipo Senior

O Esteo afronta unha fin de semana intensa

O Equipo pontés recibe as visitas dos segundos clasificados nas súas respetivas ligas. O sábado o Stellae F.S. Valga e o domingo derby ante O Parrulo

O Esteo afronta unha fin de intensa có equipo da 2ª División B inmerso na loita pola permanencia e o equipo xuvenil loitando polo título de liga na 1ª A Autonómica.

Na 2ª División B, O Esteo enfrontarase ao Stellae F.S. Valga o sábado ás 17:30 h. no encontro correspondente á 19ª xornada e o primeiro dos seus derradeiros 6 encontros na casa.

O conxunto pontés, logo de dúas derrotas consecutivas, tentaran de acadar un resultado positivo, diante dun rival recen ascendido e que está a realizar unha excelente tempada, sendo a revelación da mesma. O equipo de Valga, leva pelexando polos postos que dan acesso a disputar o playoff de ascenso a Segunda División dende o inicio da competición.

O Stellae F.S. Valga, é un conxunto rexuvenecido por completo, con respeto á tempada pasada, con xogadores que a pesar da súa xuventude, contan con amplia experiencia na categoría e en categorías superiores. Un equipo moi físico e competitivo, que está a ser unha das revelacións do campionato sorprendedo a propios e a extranos.

Os ponteses saben da dificultade deste choque polo que terán que empregarse ao cen por cen en cada acción, marcando de preto aos xogadores visitantes, minimizando erros e estar acertados en ataque ante un rival letal ao contragolpe.

NA 1ª Autonómica Xuvenil, O Esteo disputa o seu 6º e derradeiro encontro coma local, cun derby ante O Parrulo, co título de liga en xogo, o domingo as 20:00 h. Os locais, líderes actuáis da categoría, afrontan o seu derradeiro encontro da liga ante o equipo ferrolan, que tamen se encontra en disposción de pelexar o título ligueiro. Os ponteses finalizan así unha tempada, na que loitaran por acadar a 6ª vitoria diante da sua afección, logrando así o campeionato.

O clube, levou a cabo durante a semana, a campaña TI ES @ 6 nas suas redes sociais. A asistencia aos encontros será gratuita e o club Pontés, anima a tod@s siareir@s ao Futsal, a achegarse ao Palideportivo Municipal de As Pontes ao longo da fin de semana.

CATEGORÍAS BASE

Tres encontros, ademais do que disputará o equipo Xuvenil, na xornada do Domingo día 11 de Febreiro para as categorías de base de O Esteo no Pavillón Polideportivo
Municipal de A Fraga en As Pontes, nos seguintes horarios:

* 18ª XORNADA LIGA GALEGA FUTBOL SALA

- Ás 11:00 h. O ESTEO F.S. ALEVÍN “A” – S.D.R. e C. NARÓN O FREIXO

- Ás 12:30 h. O ESTEO F.S. INFANTIL “A” – CONCELLO DE BEGONTE F.S.

* 4ª XORNADA SEGUNDA FASE LIGA 1ª AUTONÓMICA FERROL FUTBOL SALA

- Ás 18:45 h. O ESTEO F.S. BENXAMÍN “B” – 4 RTM O PARRULO FERROL F.S. “B”

* 13ª XORNADA LIGA 1ª AUTONÓMICA FERROL FUTBOL SALA

- Ás 20:00 h. O ESTEO F.S. XUVENIL – O PARRULO FERROL F.S. “B”

TI ES @ 6 NON E CASUALIDADE! ¡SON OS TEUS EQUIPOS!
@S SIAREI@S, @ NOS@ 6
COMPOÑENTE. VEN APOIARNOS.


O Esteo afronta unha fin de semana intensa

Imaxes da campaña TI ES @ 6 nas redes sociais do clube | Manusahes