Equipo Senior

O Esteo F.S. afronta un importante partido ante o Leis Pontevedra F.S.

Os ponteses tentaran facerse con tres puntos vitais

Maña sábado, os de As Pontes desprazaranse a Pontevedra para disputar, ás cinco da tarde, no Pavillón Polideportivo Municipal Monte Carrasco Marcón (Pontevedra) o encontro correspondente á vixésima xornada de liga na Segunda División B, ante o Leis Pontevedra F.S.

Os Ponteses, tentaran voltar á senda do triunfo, logo de colleitar tres derrotas consecutivas, diante dun clásico da categoría como é o Leis Pontevedra F.S. situado tan só un punto por riba do conxunto pontés, polo que o encontro semella de vital importancia para os dous equipos xa que ambos están inmersos na loita por eludir o descenso.

Os da cidade de Lérez son un equipo que, pese a cambiar case todo o plantel con referencia á tempada pasada, mestura xogadores experimentados na categoría e no extranxeiro, con xogadores xovenes de gran proxección que xa sorprendeu no encontro da primeira volta levándose os tres puntos do Pavillón Municipal Pontés.

Os xogadores ponteses saben da importancia deste choque polo que deberán concenciarse en dar o cen por cen en cada acción, se queren facerse con tres puntos vitais.

CATEGORÍAS DE BASE

Nova fin de semana para as categorias de base de O Esteo, onde tódolos equipos disputaran os seus respectivos encontros na xornada dominical como visitantes agás os Benxamíns B que o faran o sábado tamen como visitantes e os Xuvenís que descansan. A continuación os lugares e horarios onde se disputaran os encontros:

Sábado 17 de Febreiro

* 5ª XORNADA SEGUNDA FASE LIGA 1ª AUTONÓMICA FERROL FUTBOL SALA

Pavillón Municipal de As Lagoas (Narón)

- Ás 17:00 h. S.D.R. e C. NARÓN O FREIXO “A” – O ESTEO F.S. BENXAMÍN “B”

Domingo 18 de Febreiro

* 4ª XORNADA SEGUNDA FASE LIGA 1ª AUTONÓMICA FERROL FUTBOL SALA

Pavillón Campo da Serra (Narón)

- Ás 11:00 h. CIDADE DE NARÓN “A” – O ESTEO F.S. BENXAMÍN “A”

Pavillón Casa do Deporte (Ferrol)

- Ás 18:30 h. CARANZA F.S. ASESORÍA ASEMCA – O ESTEO F.S. INFANTIL “B”

Pavillón Municipal de Esteiro (Ferrol)

- Ás 19:00 h. D TAPA O PARRULO “B” – O ESTEO F.S. ALEVIN “B”

* 14ª XORNADA LIGA 1ª AUTONÓMICA FERROL FUTBOL SALA

- DESCANSA – O ESTEO XUVENIL

* 19ª XORNADA LIGA GALEGA FUTBOL SALA

Pavillón Polideportivo Municipal Novo Mesoiro (A Coruña)

- Ás 16:00 h. ACADEMIA 5 CORUÑA F.S. “A” – O ESTEO F.S. ALEVÍN “A”

- Ás 17:30 h. ACADEMIA 5 CORUÑA F.S. “A” – O ESTEO F.S. INFANTIL “A”

O Esteo F.S. afronta un importante partido ante o Leis Pontevedra F.S.

Unha imaxe do encontro da pasada xornada | Arquivo O Esteo F.S.