Equipo Senior

O Esteo F.S. e Café Candelas O Parrulo B enfrontanse no derbi comarcal na 23ª xornada da 2ª B

Os ponteses tentaran conseguir os tres puntos ante o filial de O Parrulo Ferrol

Maña sábado, ás cinco e media da tarde, no Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga (As Pontes), O Esteo F.S. recibe ao Café Candelas O Parrulo B nun derbi comarcal con ámbolos dous conxuntos situados na zona baixa da clasificación.

O conxunto pontés, que conseguiu puntuar a pasada xornada na súa visita a unha das canchas mais compricadas do campionato, chega a este encontro coa intención de seguir sumando e manter a boa dinámica de resultados, para achegarse ao seu rival de maña. Tan so, cinco puntos separan a ferroláns e ponteses na táboa clasificatoria.

Os xogadores ponteses saben que deberán dar o cen por cen en cada acción e miminizar ao máximo os erros, ante un conxunto, o ferrolán, que como todo filial está formado por xogadores xovenes moi rápidos e desequilibrantes o que obrigará aos de As Pontes a saltar á pista do pavillón pontés concentrados dende o primeiro minuto de xogo.

Todo isto fai presaxiar que o encontro será moi igualado, entre dous conxuntos que loitaran pola vitoria dende o inicio do choque.

Na historia dos derbis entre o filial de O Parrulo e O Esteo a balanza é favorable aos de As Pontes que gañaron catro dos sete enfrontamentos entre ambos conxuntos na 2ª División B, por un empate e duas vitoria dos ferroláns, a última acadada no encontro da primeira volta desta tempada.

CATEGORÍAS BASE

OUTRO DOMINGO REPLETO DE PARTIDOS PARA A ESCOLA DE BASE O ESTEO F.S.

Tódolos encontros da fin de semana, disputaranse na xornada do Domingo día 10, onde a maioría dos equipos de base disputaran os seus encontros como locais no Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga, agás o equipo Benxamín B que fará en Ferrol como visitante. Dende o clube facemos un chamamento á afeción, para que acuda a apoiar ao seus equipos nos encontros e aportar ese ánimo extra aos mesmos.

Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga (As Pontes)

● 7º XORNADA SEGUNDA FASE LIGA 1ª AUTONÓMICA FERROL FUTBOL SALA

- Ás 10:45 h. O ESTEO F.S. ALEVÍN “B” – S.D.C. e R. NARÓN O FREIXO “B”

- Ás 11:35 h. O ESTEO F.S. INFANTIL “B” – S.D.C. e R. NARÓN O FREIXO “B”

- Ás 12:45 h. O ESTEO F.S. BENXAMÍN “A” – D MANUEL O PARRULO FERROL “A”

• 22ª XORNADA LIGA GALEGA FUTBOL SALA

- Ás 16:00 h. O ESTEO F.S. INFANTIL “A” – RIBEIRA F.S.

- Ás 17:15 h. O ESTEO F.S. ALEVÍN “A” – RIBEIRA F.S.

• 2ª XORNADA COPA DA 1ª AUTONÓMICA FERROL FUTBOL SALA

- Ás 18:30 h. O ESTEO F.S. XUVENIL – HOTEL CHIPS | C.D. A SOLAINA

Pavillón do Ensanche (Ferrol)

● 8º XORNADA SEGUNDA FASE LIGA 1ª AUTONÓMICA FERROL FUTBOL SALA

- Ás 18:00 h. GADESPORT O PARRULO “C” – O ESTEO BENXAMÍN “B”

O Esteo F.S. e Café Candelas O Parrulo B enfrontanse no derbi comarcal na 23ª xornada da 2ª B

​Imaxe do encontro disputado no Pavillón Polideportivo Municipal de A Fraga ante o Deporcyl Guardo F.S. | Arquivo O Esteo F.S.