Equipo Senior

O Esteo F.S. recibe este sábado ao Unionistas de Salamanca F.S.

​Os de As Pontes tentaran conseguir os tres puntos diante da súa afección

Os ponteses reciben a visita do Unionistas de Salamanca F.S. nun importante encontro correspondente á undécima xornada de liga en la Segunda División B, ás 17:30 h. no Pavillón Polideportivo Municipal de As Pontes.

Os xogadores dirixidos por Nino García, tentaran conseguir esa ansiada vitoria, que lles devolva á confianza en si mesmos, de cara a afrontar a recta final da primeira volta do campionato con outra mentalidade, xa que arrastran unha xeira negativa de sete xornadas sen puntuar.

O conxunto salmantino chega a este encontro, situado cómodamente na parte media da taboa clasificatoria. Conseguiu reter á maioría dos xogadores da pasada tempada, formando un conxunto moi experimentado e competitivo na categoría. Isto obrigará aos xogadores ponteses a non perder a concentración en ningún momento, senon queren verse cedo por debaixo no marcador e evitar ter que xogar a remolque o resto do encontro.

Ambos conxuntos chegan a este encontro tras caer derrotados nos derbis de máxima rivalidade territorial, polo que buscaran os tres puntos dende o inicio do choque.

Dende o clube facemos un chamamento á afección, para que acuda ao Pavillón pontés a apoiar ao seu equipo e aportar ese ánimo extra ao mesmo neste importante encontro.

Tódalas persoas que queiran facerse socias, poderán facelo na mesma entrada do pavillón, antes do comezo do encontro.

CATEGORÍAS BASE

Novo domingo de encontros para a base de O Esteo F.S. onde destaca o derbi local da Liga Galega Alevín. Mentres tanto, os equipos Xuvenil e Alevín “B” cumpren coa súa correspondente xornada de descanso, nos seus respectivos grupos da 1ª Autonómica.

No Pavillón Polideportivo Municipal de As Pontes

Pavillón Polideportivo Municipal de As Pontes, domingo día 3.

7º XORNADA LIGA 1ª AUTONÓMICA FERROL FUTBOL SALA

Ás 10:30 h. O ESTEO F.S. BENXAMIN “A” – MARUXAS DE NATA GADESPORT O PARRULO “B”

11ª XORNADA - LIGA GALEGA DE FUTBOL SALA

Ás 12:00 h. ELECTRICIAD J&O LAGO DVSPORT – O ESTEO F.S ALEVÍN “A” ● 7º XORNADA LIGA 1ª AUTONÓMICA FERROL FUTBOL SALA

Ás 16:00 h. O ESTEO F.S. BENXAMIN “B” – 4 RTM O PARRULO FERROL “B” Ás 17:15 h. O ESTEO F.S. INFANTIL “B” – CARANZA FUTBOL SALA ASESORÍA ASEMCA “A”

11ª XORNADA - LIGA GALEGA DE FUTBOL SALA

Ás 19:00 h. no Pavillón Novo Mesoiro (A Coruña)

GALICIA GAITEIRA – O ESTEO INFANTIL “A”

Dende o clube facemos un chamamento á afección, para que acuda a apoiar aos equipos nos respectivos encontros e aportar ese ánimo extra ao mesmos.

O Esteo F.S. recibe este sábado ao Unionistas de Salamanca F.S.

Imaxe de Arquivo | O Esteo F.S.