Equipo Senior

O Esteo F.S. visitará maña Sábado ao Grupo Forma-T Vilalba F.S. no derbi veciñal

​Os ponteses tentaran poñerlle fin á mala xeira de resultados que arrastran

O Esteo F.S. visitará aos seus veciños do Grupo Forma-t Vilalba F.S. para disputar o derbi de proximidade corresponde á décima xornada da Segunda División B, que terá lugar este sábado, ás sete da tarde, no Pavillón Municipal de Vilalba.

Vilalbeses e ponteses, chegan a este encontro tras colleitar sendas derrotas na pasada xornada, onde ambos equipos, foron incapaces de facerlles un só gol a seus
adversarios. Ambos conxuntos con necesidades moi distintas, buscaran unha vitoria que no caso de O Esteo, sería un gran punto de inflexión, para revertir a situación pola que están a atravesar, e afrontar vindeiros compromisos con outra mentalidade.

O Grupo FormaT Vilalba F.S., que logrou reter a gran parte do plantel da tempada pasada, está situado cómodamente nos postos medios da táboa clasificatoria. Caracterizase por ser un conxunto moi rochoso e peleón, formado por unha mezcla de xovenes xogadores e xogadores con amplia experiencia na categoría e categorías superiores o que o fai ser un equipo moi intenso e competitivo.

Ambos conxuntos pelexarán por facerse cós tres puntos, que para os ponteses antollanse mais que necesarios, xa que arrastran unha xeira de seis encontros sen puntuar.

CATEGORÍAS BASE

TÓDOLOS ENCONTROS DISPUTARANSE A DOMICILIO

Nesta fin de semana tódalas categorías de base de O Esteo F.S. actuarán coma visitantes nos correspondentes encontros e farano da seguinte maneira:

- O sábado día 25 de Novembro

10ª XORNADA - LIGA GALEGA DE FUTBOL SALA

Ás 16:00 h. no Pavillón Municipal de Esteiro (Ferrol)

A.D.C.R. SANTA MARIÑA “A” – O ESTEO F.S. ALEVIN “A”

6º XORNADA LIGA 1ª AUTONÓMICA FERROL FUTBOL SALA

Ás 16:00 h. no Pavillón Polideportivo Municipal A Xunqueira (Fene)

BRITANNIA SCHOOL C.MI. UNIDADE DE FENE “B” – O ESTEO F.S. ALEVIN “B”

- O Domingo día 26 de Novembro

6º XORNADA LIGA 1ª AUTONÓMICA FERROL FUTBOL SALA

Ás 12:00 h. no Pavillón Municipal A Casqueira (Pontedeume)

CANLEMAR F.S. PONTEDEUME – O ESTEO F.S. BENXAMIN “B”

Ás 16:00 h. no Pavillón do Ensanche (Ferrol)

A.D.C.R. SANTA MARIÑA – O ESTEO F.S. BENXAMIN “A”

Ás 17:00 h. no Pavillón do Ensanche (Ferrol)

A.D.C.R. SANTA MARIÑA LA GRUTA “A” – O ESTEO F.S. INFANTIL “B”

Ás 19:00 h. no Pavillón Municipal de A Malata (Ferrol)

O PARRULO FERROL F.S. “B” – O ESTEO F.S. XUVENIL

10ª XORNADA - LIGA GALEGA DE FUTBOL SALA

Ás 18:00 h. Pavillón Polideportivo La Salle (Santiago)

LA SALLE – O ESTEO F.S. INFANTIL “A”

O Esteo F.S. visitará maña Sábado ao Grupo Forma-T Vilalba F.S. no derbi veciñal

​Imaxe do encontro do pasado sábado ante ADC Lugo Sala | Arquivo O Esteo F.S.