Equipo Senior

O Esteo F.S. visita a cancha do líder C.D. Lugo Sala

Os de As Pontes tentarán dar a sorpresa neste partido

Mañá sábado ás cinco menos cuarto da tarde no Palacio Municipal dos Deportes de Lugo, os de As Pontes enfrontaranse ao líder da competición, o C.D. Lugo Sala, nun encontro correspondente á décimo novena xornada de liga na Segunda División B.

Difícil compromiso para O Esteo, que se enfrontará a un equipo formado maioritariamente por xogadores de acreditada experiencia en categorías superiores que se complementan moi ben con xogadores novos e que cada xornada que avanza a competición preséntanse como firme candidato a gañar o título de liga e lograr o ascenso a Segunda División.

Os ponteses, que queren facer valer o punto conseguido a pasada xornada ante o Sala Ourense 2014, saben máis que nunca que deberán empregarse ao 200% neste encontro, sobre todo en defensa xa que son o equipo que máis goleado, no que vai de campionato, mentres que os lucenses son o equipo máis goleador, tamén o que menos goles recibe e do seu feudo só deixaron fuxir dous puntos, os que lle arrebatou o Deporcyl Guardo fai varias xornadas grazas a un empate.

Para contrarrestar todo isto, o As Pontes sabe que terán que manterse moi concentrados dende o inicio do partido ata o final do mesmo, minimizando ao máximo os erros tanto en defensa como en ataque se quere conseguir algo positivo ante un conxunto moi competitivo que aproveita moi ben os momentos de debilidade dos seus adversarios para distanciarse do marcador.

No partido da primeira volta disputado no CEIP Pavillón Monte Caxado de As Pontés, o Lugo Sala levaríase a vitoria por 5 goles a 7 onde dominaron con claridade por 0-5 ata o minuto trinta de xogo, pero unha forte reacción dos ponteses fixo que o marcador se apretara ata o 5-6 a falta de tres minutos para o final, mais a veteranía do conxunto da muralla foi chave nos minutos finais para levarse a vitoria.

Nun principio, para a disputa deste encontro, os de As Pontes tener as baixas seguras de Guillan por sanción e Jhony por lesión que xa lle impedíu participar no encontro da pasada xornada.

CATEGORÍAS BASE

Ao igual que o conxunto senior, tódolos equipos de base disputaran os seus respectivos encontros a domicilio na tarde do Domingo agás o equipo Alevín de Liga Galega que o fará o Sábado tamen a domicilio.


O Esteo F.S. visita a cancha do líder C.D. Lugo Sala

​Imaxe do encontro da primeira volta disputado no Pavillón do CEIP Monte Caxado entre ambos clubs | Archivo O Esteo F.S.