Equipo Senior

O Esteo non logra pasar do empate ante o Sala Ourense 2014

Os de As Pontes desperdiciaron unha boa oportunidade de sumar tres puntos

Na tarde do pasado sábado O Esteo F.S. e o Sala Ourense asinaron o empate nun encontro correspondente á décimo oitava xornada da tempada na Segunda División B disputado no Pavillón Pontés do CEIP Monte Caxado e onde as alternativas no xogo foron a nota predominante.

Enfrontábanse dous equipos necesitados de puntos, sobre todo os visitantes, penúltimos, cos ponteses merodeando a zona de descenso o que se fixo notar nos minutos iniciais do encontro onde a igualdade foi máxima xa que os dous equipos sabían o que xogaban.

Despois duns minutos de tanteo e varios ataques que remataban en tiros lonxanos que non supoñian ningún problema para os dous porteiros, no minuto catro Cokito adiantaba aos ponteses no marcador, rematando un pase de Ayalita dende a banda só no punto de penalti. (1-0).

A reacción do conxunto visitante non se fixo esperar e volvían avisar con disparos lonxanos ata que no minuto oito un balón dividido saíu pola banda e os árbitros concederon o saque ao Sala Ourense cando os xogadores do Esteo se preparaban para sacalo eles. Os visitantes aproveitaron este “erro” para empatar o encontro (1-1), ante as protestas dos xogadores e de todo o banco local.

Os xogadores do Sala Ourense continuaban asediando a portería local con tiros lonxanos intentando adiantarse no electrónico pero a falta de acerto e un Xeito ben colocado impediron que iso sucedese, mentres que o conxunto pontés tamén tentaba desequilibrar a balanza ao seu favor con xogadas mais elaboradas que as do seu rival pero tamén con pouco acerto diante da portería.

Sería no minuto trece cando Cokito volvería a poñer por diante aos ponteses (2-1) cun forte disparo cruzado que se colou pola mesma escuadra para desesperación do gardameta visitante. Non tardaría en reaccionar o Sala Ourense, obrigando aos xogadores de O Esteo a defender en doce metros, xerando así un perigo constante cara á meta pontesa.

Ata que a falta de dous minutos para o final deste primeiro período chegou o gol que volveu empatar a contenda (2-2) tras unha xogada sen aparente perigo o balón chegaría ao segundo pau onde sería rematado ao fondo da rede por un xogador visitante, chegandose así ao tempo de descanso.

No comezo do segundo acto seguíase o guión do inicio do encontro cos dous equipos tentando romper a igualdade existente no marcador e tras uns minutos de tanteo, o Sala Ourense adiantabase por primeira vez no marcador grazas a un gol do seu xogador máis perigoso, o pivote, que conseguiu recibir un balón de costas á portería local, virou-se ao bordo da área e despois de tentalo varias veces durante o encontro, esta vez acertaba coa portería, poñendo o ( 2-3) no electrónico no minuto vinte e sete.

Un minuto despois, Guillan foi expulsado con vermella directa por unha entrada a destempo sobre un xogador rival, polo que os ponteses quedaronse cun home menos na pista, ademais de verse por primeira vez por detrais no marcador, pero os ourensanos non souberon aproveitar esa superioridade grazas á defensa numantina planteada polos xogadores locais.

Unha vez recuperada a igualdade numérica no campo, Jandro roubaba un balón no medio da pista e marchou só ante o porteiro, ao que sorprendeu cun forte disparo a media altura, igualando de novo o partido (3-3). Pero apenas un minuto despois, os ourensáns volveron adiantarse grazas a outro forte disparo dende o borde da área (3-4).

O conxunto pontés non estaba disposto a deixar escapar os tres puntos, Jandro evitou que un balón dividido saíse pola banda á altura do banco visitante e ante a oposición de dous xogadores contrarios conseguiría meter un pase a Héctor que chegaba en carreira e sen parar o balón fusilaba ao porteiro visitante cun forte disparo que pegado ao pau, co que se igualaba o partido por cuarta vez (4-4) no minuto trinta e cinco.

Nos minutos finais do encontro os dous equipos puideron facerse coa vitoria, pero dous remates de Jandro foron repelidos polo longueiro e un xogador visitante non foi quen de superar a Xeito, que resolvería o un contra un con solvencia, polo que ao final do partido o reparto de puntos non satisfizo ningún dos dous conxuntos.

Con este resultado, O Esteo segue na undécima posición da clasificación con 21 puntos, os mesmos que o C.D. Unión Arroyo e a tres puntos da zona de descenso.

O vindeiro sábado os ponteses visitarán a complicada pista do líder da categoría, o todopoderoso C.D. Lugo Sala, nunha nova xornada de liga na Segunda División B.

FICHA TÉCNICA

O Esteo F.S.: Xeito, Cokito, Héctor, Ayalita e Troncho; tamen xogaron Guillan, Adrían, Eloy e Jandro.

Sala Ourense 2014: Pablo Quiroga, Raúl Rivero, Alli, Santi e Yago Macia; tamen xogaron Gus, Arturo, Adri Araujo e Martins.

Árbitros: Daniel Dacal Deza, Miguel Jesús Rodríguez Pontanilla xunto a Clara Díez Gil como árbitro asistente (comité galego). Amosaron cartón amarelo aos xogadores de O Esteo Adrián, Eloy, Héctor e expulsaron con cartón vermello directo a Guillan. Por parte do Sala Ourense amosaron cartón amarelo a Santi, Alli, Gus e Pablo Quiroga.

Goles: 1-0 Cokito min. 4; 1-1 Arturo min. 8; 2-1 Cokito min.13; 2-2 Arturo min. 18; 2-3 Santi min 27; 3-3 Jandro min. 31; 3-4 Gus min. 31; 4-4 Héctor min. 35.

CATEGORÍAS BASE

No pasado fin de semana tódalas categorías de base do clube disputaron os seus respectivos encontros como locais. Comezaba o equipo Alevín de Liga Galega o sábado, despois do equipo Senior, consiguindo unha nova vitoria que os manten na segunda posición na Liga e o domingo pola tarde fixerono o resto de categorías destacando o bon comezo da segunda fase da primeira autonómica con vitorias para os Alevíns B e os Benxamíns mentras os Prebenxamins conseguían un empate.

O Esteo non logra pasar do empate ante o Sala Ourense 2014

​Imaxe do encuentro | Xose Ferreiro